EU de Vigo considera que o “terceiro asalto” na proposta de orzamentos aprobado hoxe en xunta local de Goberno é un novo despropósito que pretende seguir artellando políticas populistas de inaguracións e autobombo.
O coordenador local de EU en Vigo valorou hoxe que a suposta “austeridade” dos orzamentos do concello chocan de raíz co recurso do endebedamento en entidades bancarias para levar adiante plans de humanizacións totalmente prescindibles neste contexto económico. Igualmente considera que pretender endosarse case 8 millóns en base ao incremento do 13,8% do IBI en Vigo é claramente apostar porque sexa as clases populares as que paguen “o delírio inagural” do Alcalde
EU considera que o “tixeretazo” que o goberno central pretende aprobar en marzo nos orzamentos xerais do estado van a actuar de xeito importante nas contas das entidades locais polo que un Concello como o de Vigo ten que actuar con previsión e non plantexar un contexto económico que vai ser irreal. Igualmente EU vai ser un “férreo vixilante” das contratacións que se leven a cabo dentro dos programas de emprego que aumentan nun 98%. EU lembra que ningún dos plans de emprego lanzados polos gobernos municipais evitaron a sandría do desemprego na comarca e somentes unha actuación decidida na OPE (Oferta Pública de Emprego) e a creación de empresas municipais pode dar solución ao desemprego na cidade.
EU ten presentada en base á proposta da Alcadía, unha PROPOSTA ALTERNATIVA DE ORZAMENTOS que inclúe unha MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA EN CAPÍTULO DE GASTOS co obxectivo final de aforrar en torno a 10 millóns de euros, aínda invertindo máis en emprego e cohesión social, defendendo que no 2012 non se abra ningún crédito bancario con entidades financeiras privadas que provocan un pago de xuros brutal ao Concello de Vigo. En base a esta proposta, engadíu Rubén Pérez, EU presentará ALEGACIÓNS ao orzamento hoxe aprobado en Xunta de Goberno.