ESQUERDA UNIDA CONSIDERA SOCIALMENTE INXUSTO QUE OS ORZAMENTOS FUTUROS DO CONCELLO POIDAN CONSIDERAR COMO BASE DE INVERSIÓN EN EMPREGO ÓS INCREMENTOS DO IBI

CARTEL DA CAMPAÑA DE EU CONTRA A SUBIDA DO IBI

Para EU, que BNG e PSOE declaren públicamente positivo que o incremento de recadación do IBI sirva para artellar plans de emprego demostra que parecen “moi despistados” no que supón facer política social de esquerdas. Para ESQUERDA UNIDA o lóxico sería modificar á ordenanza municipal e que os incrementos previsibles (10% acordado polo consello de ministros máis o 3,8 aprobado en pleno por PSOE e BNG) non apliquen a desempregados, familias con ingresos por debaixo de 15.000 euros anuais ou pensionistas con pensións non contributivas. Todo en vez de subir un imposto que aplica indiscriminadamente a rentas baixas e altas para financiar plans de emprego que en Vigo teñen amosado inútiles para a creación de emprego.

EU recorda que o concello ten máis posibilidades de creación de emprego que crear PLANS DE EMPREGO que quedan no simple feito de presentar á prensa o plan, facer unha web e contratar a xestores do propio plan pero sen capacidade de xenerar emprego ou emprego decente que non sexa o puramente asistencial que crea o propio concello en brigadas de limpeza ou similares.

Para ESQUERDA UNIDA ó concello pode crear emprego dende diversas formas:

– Recuperando unha EMPRESA MUNICIPAL DE VÍAS E OBRAS que asegure o mantemento preventivo e as repacións viarias na cidade dende a creación de emprego estable e o reparto do emprego, empresa que terá unha plantilla cunha xornada máxima de 35 horas por lei para fomentar a contratación pública

– Remunicipalizando servicios privatizados como o da auga e establecendo ratios óptimos de plantilla que prioricen ó emprego e non ó beneficio por enriba do equilibrio de gastos-ingresos.

– Creación dunha EMPRESA MUNICIPAL AGRO-FORESTAL seguindo o exemplo de Concellos similares en poboación (Rivas Vaciamadrid) que incluso teñen menos superficie rústica que o noso concello

– Control nos plegos de concursos públicos de que os servicios ofrecidos ao concello priorizan ó emprego e a contratación regular.

– Creación dun CONSELLO MUNICIPAL DE EMPREGO participado por cámara de comercio, asociacións empresariais, sindicatos e organizacións sociais para establecer as prioridades de gasto público en políticas de emprego evitando plans mediáticos pero inútiles para crear emprego

Relacionados