ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE O PP BALEIROU DE CONTIDO A IDEA DE ÁREA METROPOLITANA

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez valorou hoxe a aprobación parlamentaria da nova lei da área Metropolitana de Vigo. Pérez considera desesperante que PP, PSOE e BNG circunscribiran o debate sobre a área metropolitana ao eido dos sillóns e dos cargos cando estamos ante unha oportunidade real de vertebración territorial e de remunicipalización de servicios públicos hoxe en día en mans de empresas privadas. EU considera que o debate ten que ser que ventaxas aporta ao case medio millón de habitantes en canto a transporte, recollida de RSU, xestión da auga, etc…. non de quen e “o guapo que se senta no sillón do medio”.

ESQUERDA UNIDA considera que as forzas de esquerda teñen que reclamar un órgano de xestión da área metropolitana colectivo e horizontal que non esté supeditado a órganos presidencialista e que sexa superador do modelo oscurantista e vertical que teñen implantados os concellos inscritos na futura área metropolitana.

A cidadanía descoñece aínda a formulación da lei aprobada hoxe no Parlamento de Galicia polo que o primeiro esforzo debería ser dar a coñecer en que consiste este importante desenvolvemento administrativo e as decisivas repercusións socio-económicas para o futuro de Vigo. Que os debates sexan en torno “a ver cantos representantes ten o BNG, o PSOE ou o PP, cando nin siquera se coñece o entramado institucional da futura área que determinará en que concellos haberá máis actuacións de infraestructuras e servicios é delirante, suliñou Rubén Pérez.

ESQUERDA UNIDA defende abertamente a viabilidade social e económica da futura área metropolitana en tanto en canto está en liza o futuro e viabilidade dos concellos actuais: con serias deficiencias para afrontar a dotación de servicios esenciais como a auga, o transporte público, a lei de dependencia e outras actuacións que hoxe en día, co recurte de transferencias e ingresos impositivos dos concellos está en grave amenaza. EU cree firmemente que a creación de grandes empresas públicas metropolitanas é o “cabalo de troia” para vencer o desemprego que na nosa comarca xa ten trazos de convertirse en endémico como en comarcas como Ferrol ou Cádiz. As potencialidades da área metropolitana non poden quedar solapadas polo discurso localista e populista dalgúns líderes políticos. EU pide seriedade aos partidos presentes nas corporacións locais da área metropolitana.

Relacionados