ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE O CONCELLO FAI OIDOS XORDOS ÁS SITUACIÓNS LABORAIS DOS SERVICIOS MUNICIPAIS EN MANS DE EMPRESAS PRIVADAS

traballadores_lixo
Asemblea dos traballadores de FCC

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, denuncia que o conflicto laboral no servicio de recollida de lixo responde ao interés da concesionaria de “abafar á plantilla” en materia de dereitos laborais independentemente  de que é un servicio que aporta beneficios altísimos a FCC. Lembra que casos de incumplimentos de contratos e salarios, xunto con presións ás plantillas para rebaixarse o salario están tamén sendo habituais en concesións como a do albergue ou o servicio de intermediación familiar xestionadas por Grupo 5 e Clece. Esixe un SEGUEMENTO DAS CONTRATAS PÚBLICAS MEDIANTE COMISIÓN AMPLA E REPRESENTATIVA DA CIDADE: traballadores, usuarios, concello e empresa concesionaria

EU considera que o concello fai “deixación de función” ao non convocar ou mesmo ter constituída unha COMISIÓN DE SEGUEMENTO DAS CONTRATAS PÚBLICAS nas que estén presentes os representantes dos traballadores e traballadoras e non simplemente o concellerio ou concelleira de área e representantes da empresa concesionaria.

Lembra que os salarios que se están pagando e as condicións laborais de servicios sociais en mans de empresas privadas son cando menos, suxeito de investigación por parte de inspección de traballo e que existen salarios de “auténtica miseria” entre profesionais como psicólogos, traballadores sociais, recepcionistas, etc…

A folga que os traballadores e traballadoras do lixo darán comezo estes días corresponde a unha lexítima demanda de non perder dereitos ante unha concesionaria que non só viu incrementada a taxa de recollida de lixo nun 3,8% o ano pasado senón que recibe aportacións dende o propio concello polo servicio en contínuo aumento entre orzamentos.

Relacionados