EU denuncia a nulidade do convenio entre o Sergas e o concello e que facilitar auga e luz ao complexo sen garantir a titularidade real do Sergas obriga ao concello a cobrar o IBI do edificio que pode estar en torno aos 300.000 euros anuais.
Para EU a exención que marca o artigo 5.1.i da ORDENANZA MUNICIPAL quedaría sen efecto ao tratarse dun centro cunha titularidade do SERGAS discutible. “O edificio estará formando parte do activo das empresas contratantes si ou non é o que ten que clarificar o PP “ sinala Rubén Pérez coordenador de EU en Vigo
EU considera que o acordo, a espera de coñecer no periodo de exposición pública as partidas modificadas, seguramente non altera en grandes números os anteriores orzamentos do PSOE e BNG, polo que o que agocha é un pacto de “modelo de cidade” e de “silencio” ante temas polémicos como a titularidade do novo hospital de Vigo ou as carencias de infraestructuras na cidade.
No tocante aos accesos ao novo hospital, escamoteados eufemísticamente en “acordos para accesos dotacionais a parroquias”, para EU é clarificatorio que no convenio asinado entre o Concello de Vigo e o SERGAS, no punto sétimo especifícase que o concello executará as infraestructuras, pero unha cousa é executar e outra pagar, polo que para que o concello se vexa na obriga de executalas, os costes deberían ser satisfeitos pola empresa que vai a explotar a totalidade do Novo Hospital De Vigo. Ningún Concello debería poñer gratuítamente infraestructuras a inversores privados.
EU tamén considera que, para que ningunha empresa privada se beneficie dos beneficios que se conceden aos equipamentos sanitarios públicos debería modificarse a actual ordenanza municipal sobre o IBI coas seguintes actuacións:
1. Solicitar a modificación da ordenanza fiscal do IBI, no artigo 5.1.i que di: “Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario”
Quedando como segue:
i) Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario e sexan explotados polo SERGAS.