O coordenador local de Esquerda Unida, Rubén Pérez considera que non sorprende en absoluto o voto favorable do PP ás tasas municipais xa que non hai máis que “unha líña sucesoria” nas políticas fiscais aplicadas no Concello de Vigo dende vello.
EU considera que as tasas de telefonía, as aplicadas aos caixeiros na rúa, tiñan que ser aplicadas de xeito serio e riguroso xa fai anos cando existían aumentos considerables destas infraestructuras. Tempo tiveron os gobernos do PSOE, BNG e PP para artellar unha recadación estable e acorde aos beneficios das entidades que empregan o espazo público.
EU considera que sigue sin tocarse “a nai de todos os problemas” que é o IBI e que ten que servir para incrementar as arcas municipais en base aos que empregan a vivenda como propiedade especulativa. EU seguirá defendendo establecer recargas no IBI de vivendas e solares baleiros (24.000 na nosa cidade) que irán do 100 ao 200% en función do tempo de retención do ben. E polo mesmo motivo gravar a retención do chan urbano privado con fins especulativos.
Esquerda Unida considera que seguimos tendo un financiamento de Taxas e Prezos Públicos que non van vinculados a discriminación e estímulos negativos ou positivos a certos consumos ou certa progresividade reflexo da capacidade económica do contribuínte. Do mesmo xeito para EU siguese sen aplicar bonificacións no IBI ás familias numerosas en función do valor catastral das vivendas e do número de membros da unidade familiar.
O coordenador local de EU considera que o Concello de Vigo ten que “empregar as posibilidades que nos outorga a lexislación para penalizar a especulación a través de incrementos dos tipos a aplicar no imposto de plusvalía nos alleamentos que se produzan nos primeiros anos de tenencia da propiedade” feito que acontece de xeito especial na nosa cidade trala aprobación do actual PXOM .