Para Esquerda Unida é a demostración palpable de que cando denunciamos o proxecto de Constitución Europea e a directiva Bolkestein de liberalización de servicios sabíamos perfectamente o interese do capitalismo de poder reventar os convenios e a lexislación laboral vixente. Por isto pide as forzas sindicais como UGT e CCOO, que no seu día apoiaron a Constitución Europea que asuman o erro e loiten contra este intento da Xunta de reventar a negociación colectiva en Galicia.
A Xunta con esta adaptación da lexislación galega á directiva europea 2006/123 asume as políticas máis conservadoras e rancias de europa e pon en liza un conflicto entre traballadores de moi perigosa evolución sobre todo no sur de Galicia e especialmenteen sectores como o da construcción naval.
EU considera imprescindible a cooperación entre as forzas sindicais de Portugal e de España para analizar a problemática que vai xenerar este feiro nunha dinámica en donde as diferencias salariais, de dereitos e de coberturas e bastante diferenciada, co que podemos asistir a unha merma de dereitos dos traballadores portugueses e a unha competencia forzada pola patronal desleal e cicateira.
Esquerda Unida de Vigo chamará esta semán as forzas sindicais da nosa cidade para explicarlle a súa postura ante estas modificacións lexislativas da chamada lei “Ómnibus”.
EU-IU VIGO Secretaria de comunicación