ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE A POSIBLE ENTRADA DE CASTELLANO EN NOVACAIXAGALICIA EXEMPLIFICA Á PERFECCIÓN A TOMA DO CAPITAL ESPECULATIVO DAS CAIXAS DE AFORRO.

Para o coordenador local de ESQUERDA UNIDA de Vigo Rubén Pérez o discurso populista de Abel Caballero de identificar Caixanova coa antiga Caixa de Aforros Municipal non só era falso senón que ocultaba como sistemáticamente se foron cambiando os estátus xurídicos da caixa para convertila en Banco e acelerar a entrada de capital especulativo ansioso de facerse cos aforros dos vigueses e viguesas para seguir especulando. Agora temos unha pregunta para o alcalde ¿Qué é maís perigoso que o centro de decisión de NCG esté en Coruña ou que esté en mans dun inversor privado como Jose María Castellano?

Para ESQUERDA UNIDA a gran teima da ASOCIACIÓN DA BANCA PRIVADA DE ESPAÑA de facerse cos activos do sistema das caixas públicas que esixiran sucesivamente aos gobernos de Felipe González e de Aznar faise real. Para EU, o que está pasando con caixas como a NCG amosa como estamos ante a máis xigantesca expropiación da historia de España, é dicir, vaise a entregar ao capital financeiro privado o cincuenta por cento do crédito e do aforro do noso país, que é aproximadamente o que xestionan as Caixas, e vaise a entregar a través dunha ofensiva orientada á concesión de dereitos políticos ás cotas participativas nas Caixas.

Para EU esta ofensiva tivo dúas fases, a primeira, desprestixiar o control democrático das Caixas de Aforro e, doutra banda, o empeño do capital financeiro por cuestionar que cidadáns elixidos democraticamente non poidan encargarse da xestión de aforro.

EU seguirá defendendo un modelo de caixas públicas alonxadas do modelo bancarizado que PP e PSOE aplauden por igual. Os grandes perxudicados están sendo os aforradores e as plantillas das caixas que sufrirán despidos e condicións laborais máis indignas. Os beneficiados como sempre os especuladores que provocaron esta crise e que queren tapar buracos cos importantes activos das caixas públicas.

Relacionados