Os orzamentos presentados polo grupo de goberno para o concello de Vigo para o 2010 veñen marcados esencialmente por dúas variables que ESQUERDA UNIDA analiza con preocupación:
- Aumento do endebedamento con entidades bancarias e de aforro ate o tope legal marcado no RD 1463/2007
- Dependencia dos recursos do FONDO ESTATAL PARA O EMPREGO E A SOSTENIBILIDADE LOCAL ante a merma de recursos propios e transferencias da Xunta e do Estado.
Estes factores que configuran o núcleo do orzamento do 2010 sirven para que se maquillen uns feitos que son ante as luces dos feitos económicos actuais evidentes: A PÉRDA DE CAPACIDADE ECONÓMICA DO CONCELLO, incapaz de afrontar os inxentes gastos propios e adquiridos nos últimos anos coas ferramentas de financiación que marca a Lei Reguladora de Facendas Locais (impostos directos, indirectos, trasnferencias…).
O primeiro factor a ter en conta é a incapacidade financeira dos concellos dende fai 20 anos, sendo so os xestores de menos do 13% do gasto público total das administración españolas (37% a XUNTA e 50% o goberno central, sendo o 23% de este o da Seguridade Social). E todo nun contexto que obrigou (pola desidia de administración autonómicas e estatais) ós concellos a financiar servicios impropios como incentivos ó comercio, bolsas escolares, etc… e que chegan a supor o 40% do orzamento do concello. ESQUERDA UNIDA PIDE DESCENTRALIZACIÓN ADMINISTRATIVA CARA OS CONCELLOS xa dende a Asemblea da FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS de principios dos anos 90.
Polo tanto, ante a crise, MUNICIPALISMO. Suficiencia económica para os concellos, máis cesión de impostos dende Xunta e Goberno Central e conversión dos existentes en impostos proporcionais ós ingresos e as rentas.
O ORZAMENTO 2010 pretende que se manteña o nivel de gasto en todos os organismos (con algúns notables ingresos de gasto como na xerencia de urbanismo) aillándose dunha realidade económica de crise que xa neste trimestre evidencia unha drástica caída da actividade económica. Xa no 2009 aumentou o presuposto da xerencia de URBANISMO nun 50% argumentando que o novo PXOM obrigaba a máis traballo e contratación. A paralización da actividade constructiva que previña o PXOM amosa que esto é rotundamente innecesario.
O orzamento do Concello de Vigo acenderá en 2010 a 246 millóns de euros, un 7,5% máis que o año anterior. Este é o eixo do discurso do PSOE e o BNG “en tempos de crise aumenta o presuposto”. Para ESQUERDA UNIDA esto é radicalmente falso, o que aumenta e o ENDEBEDAMENTO DO CONCELLO (operacións de crédito de máis de 27 millóns de euros) en actividades de dubidosa utilidade pública como as HUMANIZACIÓNS, actividades pretendidamente sustitutivas da actividade constructora de vivenda libre pero que, ante o aumento do paro no sector da construcción da nosa comarca no 2009 e primeiro trimestre de 2010, amosanse inútiles para crear tecido laboral estable.
Por outra banda o aumento en gastos correntes en BENS E SERVICIOS para ESQUERDA UNIDA non deixa de ser un engano. Realmente este aumento corresponde a actividades que xestionan concesionarias privadas e que no 2010 se revisa a concesión con incrementos por enriba do IPC. Tendo en conta a modificación do tipo do IVE para o 2010 a suficiencia financeira neste capítulo faise evidente. ESQUERDA UNIDA considera que moitos destos servicios agora privatizados son onerosos polo excesivo marxe de beneficio (moitas veces por enriba da media de beneficios despois de impostos das empresas privadas) das contratas. Polo tanto, un concello como o de Vigo, ten que ir plantexando estudos de viabilidade para o rescate público de concesións que están xerando inxentes beneficios a empresas como CESPA, SERAGUA, etc.. ESTÁ TOTALMENTE DEMOSTRADO QUE UNHA EMPRESA PÚBLICA DE AUGA (COMO EN MADRID O BARCELONA) E SUSTENTABLE E DA BENEFICIOS. Por non falar da externalización do SERVICIO DE AXUDA A DOMICILIO, servicio que aporta inxentes beneficios a empresas privadas a veces con comportamentos economicistas e non sociais nun tema tan delicado como a dependencia. ESQUERDA UNIDA PIDE A RECUPERACIÓN PARA O PÚBLICO DO SERVICIOS PRIVATIZADOS NOS ÚLTIMOS 20 ANOS. Igualmente se o concello creara unha EMPRESA PÚBLICA DE VIAS E OBRAS evitaríase as concesións a empresas privadas en campos como mantemento da rede viaria, eliminación de barreiras arquitectónicas, etc… evitando o pago do servicio a empresas privadas.
A formulación económica deste capítulo para ESQUERDA UNIDA é profundamente demagóxica. Pretende empregar os recursos públicos en políticas netamente asistencialistas: reparto de cheques en vez de construir tecido. ¿Porqué non unha mellor rede de escolas infantis en vez de axudas atomizadas ás familias?, ¿Porqué non unha bonificación ós comercios que xeren emprego estable en vez de axudas xerais a comercios que en ocasións fomentan a precaridade, o acoso laboral e a economía sumerxida?, a xeneralidade do servicio social non é nin progresista nin polo tanto xusto. Unha axuda que recibe en igual cuantía unha familia rica que outra sen recursos e dilapidar o herario público.
De igual maneira ESQUERDA UNIDA so pode calificar de decepcionante o resultado da inversión municipal en emprego no 2009 e que se augura semellante no 2010, pese o incremento ate o 1,8 millóns de euros dos programas para a creación de emprego a realidade é que somentes cun concello actuando (non so presentando na prensa plans e estudos) pódese crear emprego. O concello ten que crear tecido laboral en forma de empresa pública de vivenda, de vías e obras, de mantemento. O público e rendable e optimizable.
O esencial destes capítulo está relacionado con anualidades que a Xunta e Concello teñen que afrontar para a construcción do AUDITORIO DE BEIRAMAR, obra faraónica que ESQUERDA UNIDA ten denunciado polo elevado do seu coste constructivo e que responde a megalomanía da corporación municipal e do arquitecto implicados no seu proxecto. Un proxecto máis acorde coa realidade económica actual permitiría dotar de novos contidos de utilidade pública o auditorio, recursos que agora quedarán soterrados no propio edificio.
Os orzamentos 2010 evidencian no capítulo dos ingresos que estamos ante unha realidade de crise económica que patentiza o agotamento do modelo de financiación dos concellos no capitalismo español: o sector do ladrillo e a non proporcionalidade dos impostos en base a renda.
Para ESQUERDA UNIDA o fin do modelo de desenvolvemento do que sustancialmente viviron os concellos é xa unha realidade que obriga a novos xeitos de facer política municipal. As prevendas da especulación inmobiliaria xa non poden ser o maná dar arcas municipais. No caso do orzamento vigués é notable o impacto que ten a caída da actividade económica na nosa cidade. Baixan as recaudacións por impostos indirectos como a parte cedida do IVE, o Imposto sobre incremento de valor dos terreos de naturaleza urbán e o ICIO, radiografia de que Vigo perde capacidade industrial, emprego e actividade. Semellante tendencia siguen os impostos directos como o derivado da cesión dunha parte do IRPF, algo evidente cando o desemprego avanza imparable. A caída de impostos indirectos e directos alcanza o 27% no orzamento polo que para ESQUERDA UNIDA faise imperativo abordar unha reforma fiscal no estado pero tamén no concello de Vigo. ESQUERDA UNIDA DE VIGO proporá para constrarrestar esta merma recaudatoria en Vigo unha batería de propostas como incrementar o IBI nun 50% nas vivendas baleiras da cidade ou o aumento do imposto de rodaxe para vehículos de gran cilindrada e alta gama.
Outro aspecto importante do capítulo de INGRESOS deste orzamento é que case non aumentan as transferencias dende a XUNTA ó Concello, a crise está paralizando a descentralización administrativa que sempre pediron os concellos dende a transición democrática. ESQUERDA UNIDA como forza eminentemente municipalista ten que loitar contra esta dinámica de axfisiar ós concellos económicamente. Non se pode suplir a autosuficiencia financeira do Concello de Vigo con regalías en forma de PLAN E. Iso non mellora o futuro incerto dos concellos, so compra vontades e sirve para financiar de xeito encuberto campañas electorais e lealdales. Os pasivos financeiros que pretende aumentar o goberno do PSOE e do BNG significarán por primeira vez en moitos anos elevar o tope de endebedamento municipal que marca o RD 1463/2007.
ESQUERDA UNIDA DE VIGO rexeita estos orzamentos 2010 por non contribuir a estabilidade económica do concello, por perpetuar modelos económicos especulativos e non incidir nun sistema impositivo proporcional á renta. EU móstrase especialmente preocupada polo agudizamento da débeda instucional coa banca privada e as caixas de aforros, polo abandono da fiscalidade progresista e por sustentar un modelo de desenvolvemento baseado en medidas inflacionistas como as subvencións independentemente dos recursos do receptor. Rexeita este orzamento porque tampouco existe un modelo de participación cidadá como ORZAMENTO PARTICIPATIVO o PROPOSTA VECINAL que axude a priorizar o gasto social que demande a cidadanía. Porque temos claro, como forza de esquerdas que outro modelo de concellos, democráticos e participativos é posible.