O coordenador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo, Rubén Pérez igualmente anunciou que ESQUERDA UNIDA apoia a folga do sector do venres 1 de xullo convocada no ámbito da negociación do V Convenio do sector do telemarketing, e que ven a exemplificar a actitude destas empresas diante dos lexítimos dereitos dos traballadores e traballadoras.
Rubén Pérez denuncia que novamente unha empresa con axudas públicas e con resultados económicos favorables executa un ERE de extinción para deslocalizar os servicios a outros países sen que as administracións actúen. Lembra que como denuncian as organizacións sindicais en 2007 fóiselle otorgada unha axuda do IGAPE que estaba condicionada a creación de emprego durante 5 anos a contar dende a posta en marcha do proxecto financiado que era a apertura deste centro que vai xer fechado. Actuacións de empresas como UNISONO, BOSH, SKIES, etc… son as que xustifican a FOLGA XERAL no sector que ESQUERDA UNIDA apoia sen fisuras.
ESQUERDA UNIDA considera que a reforma laboral do PSOE e a ampliación das causalidades nos casos de ERES de suspensión e extinción supoñen unha grave agresión a traballadores e traballadoras como os de UNISONO donde os salarios escuetos e as condicións de traballo precarias permiten ás compañías non só obter grandes márxes de beneficio senón que diminucións do mesmo (aínda que sigan sendo márxes sobre inversión notables) permiten presentar ERES vergoñentos como este. ESQUERDA UNIDA considera que a diminución de traballo non pode ser motivo para presentar un ERE de extinción e pide que se audite realmente por parte de inspección de traballo os libros de contas da empresa e a súa inversión en centros noutros países latinoamericanos.
ESQUERDA UNIDA únese solidariamente á plantilla de UNISONO VIGO e pide a Xunta que actúe contra empresas que incumplen os plegos de axudas públicas, deslocalizan producción a terceiros países e fan do desemprego estructural un lucro tendo sempre lexións de traballadores desempregados dispostos a aceptar condicións e traballo cada vez máis precarizadas..