EU lembra que o grupo AVANZA (no que se atopa VITRASA) tivo en 2010 unha facturación de 400 millóns de euros cun resultado de explotación (antes de deducir os intereses financieros, as amortizacións o depreciaciones e o Imposto sobre a Renta) de 100 milóns de euros. Resultados económicos procedentes nun 72% dos servicios de transporte privatizados o que amosa máis un negocio lucrativo que un servicio público.
ESQUERDA UNIDA recorda que en 1994 o goberno tripartito do que formaban parte BNG EG e PSOE concederon a VITRASA a concesión pública do transporte en Vigo por outros 25 anos argumentando que a titularidade das cocheiras de Vitrasa impedia quitarlle o servizo á empresa a pesar do evidente mal servicio que xa entón realizaba na cidade. Dende entón o servicio encareceuse notablemente (o máis caro de Galicia en 2000 e agora dos máis caros de todo o estado español) mentres o transporte público en Vigo perde miles de usuarios e as condicións laborais degrádanse na propia empresa.
Para ESQUERDA UNIDA o incremento por enriba do IPC das tasas municipais e agora o desorbitadamente elevado do billete de transporte amosan que existen unha rapiña empresarial sobre servicios públicos esenciais: auga, transporte, alumeado, rede semafórica o que obriga de xeito urxente a mudar as políticas dende o Concello asegurando un prezo dos servicios de acordo cos ingresos medios dos cidadáns e os incrementos salariais reais. Esquerda Unida lémbralle ao alcalde de Vigo que vive nunha cidade donde escasean os salarios por enriba do 900 euros e que en miles de traballadores e traballadoras este ano 2011 non se aplicará a cláusula de revisión salarial no seu convenio.