ESQUERDA UNIDA CONSIDERA ILUSTRATIVO QUE MOVEXVIAL INCREMENTARA UN 1873% A FACTURACIÓN AO MINISTERIO DE FOMENTO

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA ILUSTRATIVO QUE MOVEXVIAL INCREMENTARA UN 1873% A FACTURACIÓN AO MINISTERIO DE FOMENTO COA CHEGADA DE JOSÉ BLANCO E REMITE AO SEU GRUPO PARLAMENTARIO UNHA PREGUNTA SOBRE DITO INCREMENTO E AS CONTRATACIÓNS DO PLAN E EN VIGO

ESQUERDA UNIDA considera bastante signficativo que a empresa galega pasara de facturar entre os anos 2004 e 2009 2.407.500 millóns de euros en obra pública do ministerio de fomento (aprox 481.500 euros anuais de media) durante a estancia no cargo da Ministra Magdalena Álvarez a facturar nun período de so 2 anos (2009 e 2010) 18 millóns de euros (máis de 9 millóns de euros anuais) o que supón un incremento dun 1873%.

Para o coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez a imputación de Movexvial en supostos casos de fraude fiscal é motivo suficiente para revisar todas as contratacións públicas derivadas á devandita empresa a que actualmente ó Concello de Vigo aínda adeuda un cantidade de facturas por enriba dos 800.000 de euros e que quedan consignadas no orzamento de este 2012 como débeda recoñecida.

Igualmente considera que, dende a presunción de inocencia do seu presidente, e dende o lexítimo dereito a defensa hai moito que explicar non só no prodecemento de adxudicación dos PLAN E e PLAN E 2011 senón tamén nos custes e orzamentos das humanizacións na cidade de Vigo polo que remitirá unha pregunta ao MINISTERIO DE FOMENTO para que de explicación dos procesos de adxudicación.

EU considera ilustrativo como moitas empresas galegas (COPASA, SAN JOSE, ANTALSIS….) incrementaron brutalmente á súa facturación durante os anos de Jose Blanco (máis dun 170%) levándose no periodo 2009-2010 1.181.452 € dos 11.957.389 adxudicados por fomento neses anos para obra pública.

EU recorda que Movexvial leva presente nas adxudicacións do Concello moitos anos, con gobernos do PP, BNG e PSOE polo medio e cun acordo político “tripartito” evidente.

Relacionados