EU sigue defendendo a súa proposta de creación dun OBSERVATORIO DA CONTRATACIÓN PÚBLICA en Vigo que audite tanto os cumprimentos dos plegos das concesionarias de servicios públicos como a calidade e cumprimento de convenios e lexislación laboral dos contratos de traballo que formalicen.
Para Rubén Pérez a operación Patos, os informes do tribunal de contas dubidando dos procedementos de adxudicación de obras do PLAN E e mesmo as recentes denuncias sobre contratación formuladas por colectivos ou mesmo grupos municipais, xa fan imprescindible dotarse de organismos transparentes que auditen a contratación no concello de Vigo “visto que hai unha deixadez interesada ou mesmo provocada polo propio goberno local”.
Para EU non existe nin control nin vontade de facelo sobre a calidade do traballo que xeneran as contratas, sobre as contratacións nas mesmas, sobre contratos menores, sobre inversións, etc….
Para EU a entrada en funcionamento deste observatorio, onde participarían os grupos municipais, as seccións sindicais do concello, os comités de empresa das grandes concesionarias públicas e mesmo o tecido veciñal e asociacións de consumidores, serviría para ter un organismo plural e apartidario de seguemento do grado de cumplimento dos plegos de concesión, algo prácticamente inexistente na actualidade na nosa cidade e deixado ao arbitrio do concellerio da área correspondente.
EU considera excesivamente precario e fóra dos criterios mínimos de correspondencia cos convenios colectivos existentes o emprego que está a xenerar o Concello de Vigo. EU recibe sistemáticamente denuncias de traballadores e traballadoras pola situación laboral que empresas privadas, pero tamén entidades sociais, están xenerando unha vez consiguen contratos ou concesións públicas.