ESQUERDA UNIDA CONSIDERA ERRÓNEA A POLÍTICA DE CHEQUES SOCIAIS E PIDE A SÚA RECONVERSIÓN EN EXENCIÓNS DE PAGO DE AUGA, TRANSPORTE, ETC..

Concello_de_VigoEU considera que gran parte dos recursos son empregados en “manobras propagandisticas” en vez de traballo concreto no eido dos servizos sociais.

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera “caótica” e a propia convocatoria e proceso opaco das Axudas de Emerxencia Municipais (AEM) e considera “fume” os anuncios de ampliación do Alcalde. Lembra que o que finalmente conta é o que se executa do orzamento, non o que se orzamenta.

EU sempre defendeu que se tiña que evitar fórmulas de cheque dinerario neste tipo de gastos e suliña que “estamos ante un dos máis claros exemplo de gastos impropio que asume un concello como o de Vigo, considerando impropios os gastos que corresponderían á administración autonómica e non ao Concello por non recadar para sostelos (máis do 24% do orzamento actual son este tipo de gastos)

EU considera agotado o tempo no que dende o goberno municipal solucionábase todo cunha rolda de prensa ou a presentación dun programa. Hoxe a situación de emerxencia social que vive unha gran parte da cidadanía viguesa golpea con toda a crueldade as portas do Concello.

Non podemos máis que voltar a denunciar que se anuncian programas con gastos de promoción altísimos (algúns con entrevistas ao alcalde nos medios incluído) e posteriormente os programas non chegan a desenvolverse ou ter un seguemento de se as familias están accedendo ao montante das axudas. Mesmo o nivel de execución final das partidas sociais nos orzamentos non chegan en ocasións ao 50% do orzamentado.

EU considera esencial presionar dende o público a Aqualia e Vitrasa para que existan bonificacións e exencións ás familias con menos recursos en vez de “cheques de beneficiencia” propias doutras épocas.

Relacionados