ESQUERDA UNIDA CONSIDERA DEPLORABLE O NON DE PP E UPYD Á RETIRADA DO BLOQUEO DO TAX LEASE AO SECTOR NAVAL

O coordenador local de EU considera que o rechazo dos dous grupos á proposición non de lei do BNG transaccionada polos grupo de IU e do PSOE debatida onte no Congreso dos Deputados é un paso atrás na defensa colectiva e plural dun sector extratéxico para a Ría de Vigo. A proposición non de lei foi rexeitada por 180 votos en contra (PP e UPYD) 130 a favor (PSOE, BNG, IU, PNV) e 17 abstencións (CIU, UPN, CC)

Ascensión de las Heras (deputada de Izquierda Unida)

EU considera que priorizar os criterios de competencia da UE sobre os miles de postos de traballo que poden nutrirse do sector é a demostración palpable de que hai partidos que ante os mercados ou os traballadores e traballadoras teñen claro as súas prioridades. O TAX LEASE para o coordenador local de EU en Vigo non ten nada que ver coa competencia e sí contra a escasa capacidade negociadora do goberno español ante os intereses económicos de outros países europeos que contruen barcos con sistemas de financiación semellantes.

A deputada de IU Ascensión de las Heras, que defendeu as enmendas de ESQUERDA UNIDA á proposición non de lei lembrou que existe un serio risco de desaparición do sector naval e que somentes a dedicida acción pública a crear un tecido empresarial público de construcción naval pode axudar a reverter a situación.

Igualmente denunciou que existen moitos intereses especulativos de grupos accionariais no sector que en ocasións pouco ou nada teñen que ver coa creación de emprego e si coa conta de resultados accionariais.

Intervención parlamentaria IU

Relacionados