O coordenador de Esquerda Unida en Vigo, Rubén Pérez, considera que a responsable final de calquer percance de saúde que aconteza ós traballadores despedidos de TERMAVI que están pechados na grúas do Porto será da propia a Corina Porro.
Pide á fiscalía laboral que actúe xa que a privación de auga e luz pon en risco a vida dos traballadores no recinto do Porto vulnerando a lexislación de riscos laborais vixentes.
As actuacións da presidenta da AUTORIDADE PORTUARIA e da empresa Termavi privando de suministro de auga e luz ós traballadores pechados nas grúas do porto non poden ser calificadas de auténtico acto de “terrorismo patronal”. Estase ocultando o verdadeiro orixe do conflicto, o reiterado bloqueo da empresa a conquerir un convenio xusto e o exceso de horas extras.
Froito desta situación o despido de 9 traballadores parace ser unha extratexia empresarial para erradicar os máis básicos dereitos sindicais na empresa. A excusa da empresa de de que o despido faise por «causas obxetivas polo proceso de modernización da terminal iniciado no ano 2007 co fin de automatizar os procesos operativos, para adaptarlos ás necesidades do mercado» queda completamente desenmascarada o apresurarse a cubrir a folga con servicios mínimos abusivos. Non en van estes traballadores realizan os seus labores en quendas de seis horas, que dobran en fins de semana e tardes cando veñen barcos, polo que teñen que facer estas horas extras. Os traballadores de Termavi xa en 2007 cortaron estas horas extras para demandar que se negocie e concrete o convenio.
EU solidarizase co conxunto dos traballadores de Termavi e chama a cidadanía viguesa a solidariedade coas loitas obreiras nun contexto de crise do que as empresas pretenden aproveitarse para mermar dereitos dos traballadores e traballadoras.
EU-IU VIGO Secretaria de comunicación