ESQUERDA UNIDA CHAMA Á PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN REPUBLICANA MAÑÁ EN VIGO PORQUE “A REPÚBLICA NUNCA FOI TAN NECESARIA E ESTÁ Á VOLTA DA ESQUINA”

O Consello local de EU chamou hoxe a participar mañá SÁBADO 14 DE ABRIL, data conmemorativa da proclamación da II República en 1931 na manifestación convocada pola ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO que sairá ás 12:30 horas do M.A.R.C.O.

ESQUERDA UNIDA defende fronte a un modelo de país baseado na especulación e o ladrillo, sometido ao poder económico, onde os principais partidos monárquicos compiten á hora de satisfacer as necesidades dun ou outro sector económico, é necesario pór en pé un novo proxecto de país.

Un novo proxecto de país que poña no centro da súa política e a súa economía a participación activa e o benestar social da maioría, a democracia participativa e os dereitos sociais.

Para isto, apostamos por abrir un proceso constituínte. A aposta por un proceso constituínte é unha chamada a loitar polo noso futuro, a recuperar a soberanía popular e dar poder á maioría social traballadora como realización da democracia.

Un proceso constituínte entendido como articulación dunha ampla maioría social mobilizada na loita democrática polos seus dereitos.

Apelamos ao poder constituínte, ao conxunto do pobo, o único que é capaz de definir e decidir o proxecto de país que queremos.

Un país con máis dereitos e máis democracia, que hoxe só pode significar unha cousa: a III República.

Relacionados