Esquerda Unida chama a participación nas manifestacións do 1º de Maio

Estamos nunha recesión económica e laboral moi grave. Supéranse xa a nivel estatal os catro millóns de parados, dos que máis dun millón non cobran o subsidio de desemprego; estanse producindo miles de deshaucios por non poder pagar a hipoteca;  en Galicia hai máis de 240.000 parados/as.

Non  é tecnicamente posible precisar  a corto prazo a evolución desta recesión e da futura depresión,  polo que os anuncios de brotes verdes e futuros esperanzadores son propios de políticos desaprehensivos.

Trátase dunha crise do sistema capitalista en xeral, agravada polas políticas neoliberais aplicadas en España polo PP, PSOE e nacionalistas.

Aproveitando o medo e desesperación da xente,  os defensores do capital (a banca cos seus medios de masas comercias, cos seus tertulianos pagados) tratan de impoñer novos recortes de dereitos para a clase obreira. Baixo o nome de “Reforma Laboral”, pretenden impor o despido gratis, queren acabar cos convenios, queren reducir os gastos sociais en educación, sanidade e dependencia, queren atrasar a idade de  xubilación ós 67 anos, por agora, e alongar o periodo de cómputo das pensións. Pero non queren reducir os gastos militares, as axudas á banca e a unhas poucas empresas  privadas.

Din os banqueiros que coa  súa  “reforma laboral” crearase emprego, pero saben que non é certo. A experiencia histórica demostra o contrario.

Fronte a estes despropósitos hai unha política alternativa, global, defendida por ESQUERDA UNIDA, froito dun rigoroso estudio das nosas posibilidades reais de desenvolvemento sostible e da interlocución cos movementos sociais. Así, entre outros moitas medidas, propomos implantar a banca pública non especulativa en burbullas financieiras nen paraísos fiscais, que axude o tecido produtivo sostible ecolóxicamente,  xerador de postos de traballo; propomos servizos  de titularidade pública e calidade en  educación, sanidade, atención a dependencia e outros.  Para iso propomos rebaixar o IVE e aumentar os impostos directos que tanto o PP como o PSOE se encargaron de rebaixar ás grandes fortunas.  Nada que ver con efímeros plans “E”.

Fronte ós despropósitos neoliberais estase posicionando tamén o movemento sindical con toda a súa diversidade.  Por iso mesmo, dende ESQUERDA UNIDA chamamos a todos os traballadores e traballadoras, mozos e mozas, a participar o vindeiro 1º de maio nas manifestacións  convocadas.

Por nosa parte desariamos un esforzo de unidade por parte todas as organizacións, en torno a unhas reivindicacións claras es asumidas polo conxunto da clase obreira. Visto que este esforzo de unidade non se realizou por todos en igual medida, chamamos a que cada quen participe na manifestación da súa preferencia, pero que participe, porque, inda que hai división sindical, o importante é que a suma de todos os manifestantes sirva para lanzar unha mensaxe clara ós banqueiros, medios de comunicación  e partidos do sistema de que a resistencia vai ser tenaz.

Compre unha FOLGA XERAL en positivo, un aldabonazo a favor dunha politica realmente de esquerdas que poña  freo á sangría de emprego.

Relacionados