ESQUERDA UNIDA CHAMA A MOBILIZARSE COA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES ESTE XOVES 8 DE MARZO “DIA DA MULLER TRABALLADORA

A área de Muller de Esquerda Unida chama á cidadanía a participar nas mobilizacións unitarias que na nosa comarca se realizan nestes días co gallo da celebración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Considera un ataque ao feminismo real e organizado que dende o Concello se promovese unha mobilización ALTERNATIVA e que pretende enmascarar ó evidente recurte orzamentario que o goberno municipal artella na súa proposta de orzamentos. Lamenta que algunhas organizacións sindicais caísen na “trampa populista” do alcalde.

Por iso chama este xoves, ás 20:00 horas, no NA PRAZA DE PORTUGAL, a secundar a mobilización da Marcha Mundial das Mulleres A área de Muller de EU considera que a celebración reivindicativa que pretende instrumentalizar o Goberno Municipal é unha desconsideración ó traballo e propostas que de maneira unitaria levan moitos anos promovendo as mulleres da Marcha Mundial, formulando alternativas para enfrontar a crise e os recortes que golpean en primeira persoa e de xeito máis acusado ás mulleres.

O Goberno Municipal non acordou a declaración institucional co movemento de mulleres da cidade e non se sumou ás iniciativas mobilizadoras que as mulleres imos desenvolver ao abeiro desta xornada internacional. Aínda peor, o Goberno nunha mostra palmaria da peor desorganización e insensibilidade realiza unha concentración institucional á mesma hora que as accións reivindicativas da Marcha, o cal somentes pode merecer unha vez máis a reprobación de Esquerda Unida. Celebración que ten que ser reivindicativa logo de coñecer a fondura da crise e a única e obediente resposta dos Gobernos, comezando polo municipal, para coutala: recortar servizos e encarecer os que restan, nunha voadura sistemática do chamado Estado do Benestar e do marco de dereitos das traballadoras e traballadores, a negociación colectiva, nun verdadeiro golpe de Estado contra as mulleres traballadoras.

Relacionados