ESQUERDA UNIDA celebrou onte un acto público no Centro Cultural de Coruxo. O candidato a alcaldía, Rubén Pérez e Eva Solla, nº 2 da candidatura puxeron en común coa veciñanza do barrio os eixos programáticos de Esquerda Unida en materia de emprego, participación cidadá e democratización do Concello.
Eva Solla falou do programa de participación de Esquerda Unida cos eixos principais dos ornamentos participativos, creación das asambleas de distritos e parroquias e os mecanismo de loita contra a corrupción no ámbito municipal.
Rubén Pérez fixo fincapé no modelo de Esquerda Unida como forza municipalista que considera os municipios e como extensión os barrios, como os primordiais centros do traballo político e de toma de contacto coa cidadanía. Defender barrios máis fortes é defender políticas de participación cidadá e servizos públicos eficaces.
Falouse tamén da problemática da depuradora do Lagares, Para ESQUERDA UNIDA esta nova depuradora con novo emisario situado dentro da Ría, sen un sistema de tratamento adecuado de augas e deseñado desde un punto de vista localista, incumprirá, do mesmo xeito que a actual depuradora, varias directivas comunitarias, ademais de carrexar a afección de cinco Hábitats de Interese Comunitario situados na Xunqueira do Lagares.
ESQUERDA UNIDA defende unha EDAR en altura (nos espacios despoblados como os forestais) e con estacións de bombeo e rede separativa de augas pluviais e fecais. Por outra parte das políticas de xeración de emprego a través da recuperación de sectores económicos como a agricultura no rural e sector forestal e a potenciación da economía social e o cooperativismo, modelo existente noutros concellos gobernados por Esquerda Unida como Rivas Vaciamadrid. Así como da creación de novas empresas de servizos públicos ou remunicipalizar os privatizados como o da auga e o do transporte urbano.
O acto finalizou cunha rolda de preguntas dos veciños e veciñas con inquedanzas respecto a falta de emprego, o PXOM e o cumplimento da Lei da Memoria Histórica no Concello.
Vídeo do acto:
[youtube http://www.youtube.com/watch?v=EB3wX4GxakM&w=425&h=349]