A organización de ESQUERDA UNIDA de Mos celebrou onte no CDL da localidade un acto informativo para analizar a proposta de Plan Xeral de Ordenación Urbana do goberno local de Mos e informar aos veciños e veciñas das grandes eivas que a organización política detecta no planeamento proposto
Nunha concurrida asemblea con veciños e veciñas do concello, o exconcelleiro mosense de EU, Manolo Puxeiros estivo acompañado do parlamentario arousano de AGE Juan Fajardo e dos coordenadores locais de EU en Vigo e Nigrán, Rubén Pérez e Jose Cuevas que trasladaron a grave similitude deste plan cos de Vigo e Nigrán, que conteñen altas edificabilidades e previsións de cremento poboacional erróneas. Juan Fajardo deu traslado da aposta do grupo parlamentar de AGE de parar a aprobación do PXOM dende as iniciativas parlamentarias ante un “evidente intento dos promotores e dos intereses especulativos de facerse co espazo territorial do concello”
Manolo Puxeiros, ponente nas normas subsidiarias do plan de ordenación vixente, lembrou que naquela data a corporación fixo decenas de asembleas e informou de todo o planeamento proposto, feito completamente desaparecido deste nun intento de agochar verdadeiros aspectos urbanisticos propostos de dudosa legalidade.
Rubén Pérez e Jose Cuevas suliñaron que “este PXOM proposto está desfasado no tempo, responde ao modelo de expansión urbanística da época do boom do ladrillo e sobre todo, non da resposta aos problemas actuais do concello: ordenación e mantemento dos núcleos de poboación, arbitrariedade da extensión de industrias pola contorna do concello, infraestructuras como escolas ou centros de saúde, etc”
Esquerda Unida de Mos informou aos veciños de que o prazo de alegacións remata o vindeiro 8 de xaneiro polo que fará un esforzo informativo en todas as parroquias e núcleos para artellar un modelo urbanístico acorde coa realidade socio-económica de Mos.