ESIXIMOS VIVENDA SOCIAL EN VIGO

Hoxe acompañamos a Os Ninguéns (Facebook/Twitter) nunha nova concentración para esixir vivenda social na nosa cidade.

Nesta ocasión, a concentración levouse a cabo na Rúa Privada Moderna para demandar un teito para todas. Non é posible que un dereito tan fundamental como é o da vivenda se vexa vulnerado día tras día.

Invitámoste a que sigas de cerca as accións de Os Ninguéns (Facebook/Twitter), precisan o noso apoio para loitar por unha cidade máis xusta.

Tamén hoxe coñecimos a triste noticia de que un veciño se precipitou pola ventá cando as autoridades estaban na súa casa para proceder a desaucialo a él, a súa muller e as súas dúas fillas. Chegou a suplicar un aprazamento da débeda. Cómo é posible que se poida proceder a un desaucio sen alternativa habitacional? Qué lle quedaba a esta familia? A rúa? Poder ler a noticia completa no Faro de Vigo.

Dende Esquerda Unida Vigo témolo claro, a vivenda é un dereito fundamental que debe ser garantizado mediante vivenda social. Cando o sistema capitalista aprete, aí deben estar as nosas institución para protexernos.

Seguiremos loitando por un Vigo máis xusto, pero precisamos o teu apoio! Xuntxs construiremos a cidade que merecemos.

Saúde e República ✊🔻

Relacionados