A Convocatoria a asinan a Asemblea Republicana, Esquerda Unida, CUT, STEG, Anova, Sindicato Ferroviario da Confederación Intersindical, Equo, Democracia Participativa, FPG, Espazo Ecosocialista, Sindicato de Elevación, Xeira, Xuventude Comunista, PCG, SLG, PODEMOS, Fronte Cívico, Nova Esquerda galega.
Este colectivo de organizacións fai un chamamento a cidadanía para que reclame o dereito a decidir sobre o modelo de estado que queremos; Unha clamorosa esixencia de superacion do pacto constitucional do 78, do que moitas e moitos que ainda poden contalo, non participaron; e do que todas e todos os que hoxe teñen menos de 57 anos, tampouco puideron ser partícipes.
As forzas política e sociais que convocan consideran que neste contexto político aberto trala abdicación do monarca o papel fundamental ten que xogalo á cidadanía e evitar que este intento de segunda transición relegada a un pacto de élites e de despachos sen o concurso do pobo.
A concentración será o sábado 7 ás 19 horas coincidindo coas múltiples convocatorias que en Galicia e no estado se celebrarán á mesma hora.