ESQUERDA UNIDA DE VIGO DENUNCIA NESTE 1 DE DECEMBRO “DIA MUNDIAL DE LOITA CONTRA A SIDA” QUE DECENAS DE PERSONAS NA NOSA CIDADE PORTADORES DO VIRUS DURMEN NAS RÚAS POLA NEGLIXENCIA DO ALCALDE ABEL CABALLERO.
TAL E COMO DENUNCIAN ORGANIZACIÓNS SOCIAIS E CIVÍS DA NOSA CIDADE A SIDA ESTÁ PRESENTE EN MOITOS ÁMBITOS ESQUENCIDOS E SILENCIADOS, COMO AS PERSONAS CON TOXICODEPENDENCIAS QUE SON OBRIGADOS A DURMIR AO RASO, CRONIFICANDO A ENFERMIDADE
EU pide urxencia e vontade política na consecución dun albergue e centro de reinserción nun día como o de mañá 1 de decembro DIA MUNDIAL DE LOITA CONTRA A SIDA, nun contexto de abandono institucional das personas portadoras do virus, especialmente as contaxiadas por compartir xeringas que siguen existindo na nosa cidade aínda que o Concello non o queira ollar. Personas que viven na rúa, que durmen nos portais da nosa cidade e que ven agravarse as enfermidades derivadas de ser portadoras do virus por non existir un centro donde gozar das mínimas garantías médicas, do seguimento especializado ou mesmo do simple acollemento do frío e da choiva que agravan terriblemente enfermidades como neumonías.
EU pide que lonxe de declaracións demagóxicas por parte do PSOE e do BNG abran xa un centro de inserción social na nosa cidade, sen demoras e como actiuación política prioritaria.
Gabinete de Prensa Secretaría de Comunicación Executiva Local de Esquerda Unida