O pasado 31 de agosto asistimos a unha máis das accións que a veciñanza levou a cabo para evitar a construcción do vial de alta capacidade PO-010 que pretende dividir Beade, destruindo vivendas e o medio natural, acordado polo Concello de Vigo no novo PXOM.
Loita histórica da veciñanza
O 26 de agosto do 2021 apróbase no Pleno do Concello de Vigo o borrador do Plan Xeral de ordenación Municipal de Vigo (PXOM). Nel, amósase unha proposta de vial de alta capacidade que prevé unir a A-55 con Clara Campoamor. Na imaxe que se mostra a continuación pode verse que este vial de 4 carrís atravesa Beade, Bembrive, Sárdoma e Castrelos.
Tal e como se propón no PXOM a construcción deste vial, teñen que derruir unhas 40 vivendas e mostra unha notable pérdida do patrimonio cultural e da identidade rural de Beade.
Ante iso, a veciñanza de Beade, Castrelos, Bembrive e Sárdoma constitúen a Plataforma de Afectados Vial Beade-Vigo (AVIBE) e conseguen presentar máis de 3.000 alegacións a este novo PXOM e un estudo técnico que demostra que este vial non é necesario. Ademáis diso, organizan intensas protestas con manifestacións en distintos puntos da cidade, unha marcha rodada, cacerolada no Concello, entre outras actividades.
Esquerda Unida Vigo, naquel momento en coalición con outros partidos en Marea de Vigo, manifestou a súa disconformidade con este vial proposto e apoiou as diferentes accións levadas a cabo pola veciñanza.
Schistostega Pennata, o musgo que pode salvar Beade
A Plataforma de Afectados Vial Beade-Vigo (AVIBE) levou a cabo a rodaxe dun documental sobre un tipo de musgo atopado na zona, Shistostega Pennata. Este musgo é o único capaz de reflexar luz esmeralda en condicións de oscuridade, tratándose dunha especie en perigo de extinción catalogado pola Consellería de Medio Ambiente e polo CSIC.
No documental faise fincapé no innecesario que é o vial PO-010 e na ameaza que supón, tanto para este musgo único no mundo, coma a veciñanza de Bembrive, Beade, Castrelos e Sárdoma. Logo deron paso a unha mesa redonda onde a portavos da Plataforma de Afectados Vial Beade-Vigo (AVIBE), Ana Pascual, lamentou que nin o alcalde Abel Caballero, nin a concelleira de Urbanismo, María José Caride, os quixesen recibir para expoñerlles os prexuizos que este vial terá sobre as súas vidas.
Dende Esquerda Unida Vigo continuaremos dando apoio ás accións que organicen e esiximos que o Concello de Vigo reciba á veciñanza para que poidan expoñerlle os seus argumentos.