O Protocolo de Acoso Sexual e por Razón de Sexo forma parte da documentación federal para construir A Esquerda dos próximos 4 anos. A militancia e simpatizantes de Esquerda Unida podemos presentar emendas para melloralo.
Dende EU Muller Vigo (Instagram/Facebook) decidimos enforcarnos neste documento pola repercusión directa que ten sobre as mulleres. Limos o documento e propuxemos emendas ao mesmo para que:
- Detectate e deteña actitudes machistas ou de discriminación.
- Sexa máis inclusivo.
- A linguaxe sexa explícita.
- Abarque as novas tecnoloxías.
- Abarque todo o espazo político e social, non só á militancia.
- Respecte os valores de IU.
As palabras importan. Tamén fixemos fincapé en que é necesaria a formación a militancia e simpatizantes.
Despois de haber sido aprobadas todas as emendas que presentamos na Asemblea Comarcal celebrada o pasado sábado 13 de abril, tocaba defender as emendas na Asemblea Nacional celebrada hoxe en Santiago de Compostela.
As nosas compañeiras Fiona, Alba, Teresa, Geni e Raquel sairon a defender cada unha un paquete de emendas ao Protocolo de Acoso Sexual e por Razón de Sexo. Tamén nesta Asemblea Nacional foron aprobadas na súa totalidade. Polo tanto, e como finalización do proceso de elaboración dos documentos, serán presentadas na Asemblea Federal o próximo 18 de maio.