Declaración de IU ante o pronunciamento do Tribunal Supremo declarando a ilegalidade da candidatura Izquierda Internacionalista

Declaración do coordinador xeral de Izquierda Unida

Ante o pronunciamento da sala 61 do Tribunal Supremo declarando a ilegalidade da candidatura Izquierda Internacionalista, IU quere manifestar:

  1. Reiterar a nosa posición contraria a Lei de partidos, por unilateral e contraria a liberdade de expresión e asociación recollidas na Constitución Española e nos tratados internacionais subscritos por España.
  2. Que a nosa rotunda confrontación contra o terrorismo e quenes o xustifican e apoian, e en concreto, ETA, forma parte da nosa historia coma imperativo ético e político. Pero tamén a defensa dos dereitos e liberdades e que o emprego arbitrario das Leis non invada os dereitos fundamentais.
  3. Por iso discrepamos do Auto do Tribunal Supremo, e pedimos a súa corrección o Tribunal Constitucional, máxime logo da renuncia expresa a violencia que dita lista ha realizado.
  4. A valoración subxectiva da propia Lei resta eficacia e seguridade xurídica a mesma e pode acabar ilegalizando ou criminalizando, as ideas e os cidadáns que a sustentan aínda cando estes non se atopen inmersos en ningún procedemento penal, nin por acusación de delito algún.
  5. O Estado de Dereito non pode deixar fora de xogo a cidadáns, enmascarándose tras un proceso garantista.
  6. Por último reiterar que IU, dende a profunda discrepancia con Auto, aceptará e respetará, a sentencia do Tribunal Constitucional cando esta se produza.

En Madrid a 19 de Maio do 2009

Extraído de IU Federal

Relacionados