Este artigo é a continuación dunha serie de artigos que describen datas claves na vida de Xosé Humberto Baena que desencadenou co seu fusilamento aos seus 25 anos, acusado dun delito que non cometeu e sen deixarlle posibilidade de defensa. Podes ler o artigo anterior aquí CRONOLOXÍA FUSILAMENTO XOSÉ HUMBERTO BAENA. 22 DE XULLO DE 1975
Dez días era o prazo do que dispuxeron os avogados unha vez finalizada a investigación do asasinato do policía Lucio Rodríguez. A copia do sumario, cuxa instrucción foi secreta, tiña 217 páxinas onde costaban declaracións, providencias, informes e autos que o Capitán Ángel Aznarez Rubio resumiu nun escrito de acusación de tres escasos folios onde pedía cinco condenas a morte polo delito de ”insulto por agresión a la fuerza armada” con agravantes de alevosía, premeditación e ser executado por mais de dúas persoas. Ademáis, como unha broma macabra pedía cinco meses de arresto maior polo roubo do coche que utilizaron para a fuga.
O documento, con data do 13 de Agosto, describe, segundo contaba o relato policial, como Manuel Blanco Chivite, encargado dos grupos de combate do FRAP, reclutou a Pablo Mayoral, Xosé Humberto Baena Fernándo Sierra e Vladimiro Fernández. Este entregoulle unha pistola Cadix calibre 22 largo a Xosé Humberto, co número de serie borrado e con nove balas na recámara e convocounos (esta data é moi importante) na tarde do 14 de Xullo para roubar un coche. Continúa o relato dicindo que co coche roubado estiveron dando voltas buscando un policía armado e que o escenario permitise unha fuxida fácil.
Aznarez, como antes o fixeran os axentes da Policía Política Social, daba por acreditado que Xosé Humberto Baena e Pablo Mayoral baixaran do coche. Xosé Humberto coa pistola e Mayoral cunha navalla por se era necesario usala contra o policía. Segundo continua o relato, Xosé Humberto Baena apretou o gatillo. O primeiro disparo non se produxo por fallo do cartucho e volveu disparar ata esgotar as oito balas restantes ocasionándolle feridas a vítima que provocaron unha morte case instantánea.
O fiscal pechaba o informe informe dando os feitos por probados xa que os acusados asinaran as súas declaracións durante os interrogatorios. Pouco lle importaba que Xosé Humberto Baena e os seus compañeriros foran salvaxemente torturados durante días antes de asinar esas declaracións. Este foi un argumento esgrimido constantemente pola defensa e os acusados durante o xuízo e nunca se tivo en conta por parte do tribunal.
Coa presentación do escrito de acusación púxose fin ao período de incomunicación, o que foi un alivio para Xose Humberto e os seus familiares. “Meu pai e mais eu fomos os primeiros en visitalo -lembra Flor Baena- saímos de Vigo no tren as nove da noite porque tiñamos cita ás doce do día seguinte. As visitas duraban media hora pero sempre nos deixaban menos tempo”.
Flor no seu relato nos di que o seu irmán desde que tivera que escapar a Madrid viaxara dúas veces ao Algarve (Portugal) onde a través dun camión da empresa onde traballaba o seu pai se lle enviaba diñeiro. A noite do 13 de xullo Xosé Humberto estaba en Portugal era físicamente imposible que lle dera tempo a estar en Madrid ao día seguinte para participar no atentado.
Tamén o seu irmán maior Fernando, escribiu unha carta ao Faro de Vigo o 23 de Xullo de 2011 onde dicia: ”Si donde estaba Pite ese día, a muchos kilómetros de la Frontera y con visas que así lo atestiguaban en su Pasaporte. Hablé con él a las seis y media de la mañana el 27 de Septiembre, alguien que sabe que va a morir en un par de horas podrá mentirle a un juez, pero nunca a su padre y a su hermano”
É a partir desta primeira visita cando Xosé Humberto establece unha correspondencia coa sua familia, enviada sempre á Fabrica de Madeiras Viuda de Urbano Pérez onde traballaba o seu pai. Nesas cartas sempre cheas de cariño e con desexos de infundir ánimo a súa familia lles conta como é a sua vida no cárcere, os libros que agora xa lle permiten ler, que xoga moito ao xadrez , e que lle chegou a nova de que Maruxa, a sua noiva recluida no cárcere de Yeserías, está a tecerlle un xersei para o inverno.
Entrementres os avogados comenzan a traballar de arreo nunha carreira contra o tempo e acordan seguir unha estratexia común para a defensa dos cinco acusados. O primeiro que fixeron foi plantexar unha cuestión previa de competencia, intentando que o xuízo pasara a xurisdición ordinaria. O segundo impugnar as declararacións autoinculpatoria dos acusados alegando que foran obtidas mediante tortura durante un largo periodo de incomunicación, onde os acusados nin sequera eran conscentes do que asinaran. Pedían que dous médicos psiquiatras fosenses informaran das aletracións psíquicas que unha persona pode sufrir en semellantes situacións de presión e tamén invitaban ao xuíz a visitar os calabozos onde estiveran os acusados durante ese periodo. Tamén facian referencia ás testemuñas oculares do atentado que, ou ben non aportaban datos identificatorios, ou a súa descrición dos individuos que cometeran o atentado non se correspondía cos acusados .
O día 11 de Setembro, Xosé Humberto e os seus compañeiros foron esposados e conducidos dende o cárcere de Carabanchel ata o acuertalento El Goloso. Dende o día anterior que lles informaron aos seus avogados que o consello de guerra sería ao día seguinte, permaneceron incomunicados nunha celda de illamento.
El Goloso estaba a 16 kilómetros de Madrid, esto tiña un efecto disuasorio, impedía as protestas na rúa e non era doado chegar ata ese emprazamento. O Tribunal de Justicia Militar establecía que as vistas tiñan que ser públicas. A Sala era pequena e todos os asistentes foron identificados e cacheados minuciosamente. A Sala estaba practicamente chea de militares e policías de paisano, deste xeito restrinxíase a presencia de curiosos, e o mais sangrante, a presencia dos familiares.
Fernando e Flor non puideron chegar a tempo a primeira xornada do xuízo e na segunda o fixeron cunha hora de retraso e non lles deixaron entrar. “Al llegar al Goloso me negaron la entrada y tuve que permanecer desde las diez de la mañana hasta las cuatro de la tarde a pie firme fuera de los controles – recorda o pai de Baena no seu diario-. A esa hora el abogado me dijo que de los cinco tres habían sido condenados a muerte, mi hijo entre ellos”.
O consello de Guerra estivo cheo de irregularidades que se manifestaron dende o comenzo, ainda non se resolvera que un tribunal Militar tivera competencia para xulgar aos acusados, tamén que o tempo, días, que se lle dera as defensas para ler e estudiar o sumario era insuficiente, entre outras.
O presidente do tribunal con evidente fastidio suspendeu a sesión e os acusados e os seus avogados foron recluidos nunha habitación mentres o tribunal deliveraba. Ás cinco da tarde iniciouse de novo a vista Xosé Humberto e os seu compañeiros levaban esposados máis de doce horas. Ante a solicitude dos avogados de que lles quitaran as esposas esta foi denegada por consideralos individuos moi perigosos.
Durante esta primeira xornada cando os avogados tomaron a palabra deixaron constancia das irregularidaes e xuizos de valor, non habia probas. Os testigos oculares dos feitos non foron chamados a declarar a pesar de que a descrición da persoa que disparou non coincidia coa de Xosé Humberto as outras dúas testemuñas so os viran de lonxe e de costas. Non se permitiu unha proba de recoñecemento. As pegadas atopadas no suposto coche roubado non coincidian coas dos acusados, as únicas identificadas foron as do dono do coche. Non se permitiu examen balístico dos proxectís e tampouco da pistola
Como expresou José Balsega avogado de Xosé humberto no seu alegato final: “Se han denegado 190 pruebas solicitadas por los defensores. Es sorprendente. Si la policía no se ha inventado todo ¿Por qué se nos han negado pruebas tan sencillas como las solicitadas?”
O día 12 de Setembro os acusados ratificaronse nas súas declaración feitas o día anterior, pero non ante as feitas ante a policía segundo palabras de Pablo Mayoral. As declararación feitas na DGS foron baixo torturas e ameazas durante sete días ininterrumpidos sen deixalos durmir. Encerrados nunha celda de illamento en Carabanchel de tres metros cadrados durante vinte días. Non tiñan dereito a un paseo, sen luz, sen tabaco, sen papel para escribir, sen libros, sen xabón para asearse. Soamente tiñan un litro de auga o día. Pola noite facilitábaselles un xergón de palla para durmir. Tamén se lles amenazou con torturar as súas mulleres e noivas, sendo coñecedores de que algunhas xa foran detidas.
Todos eles ratificaron as palabras do seu compañeiro Pablo Mayoral.
Cando lle tocou o turno a Xosé Humberto Baena declarou: ”Firmé las declaraciones ante la policía porque fui torturado. Lo pueden comprobar con solo ver las fotografías que salieron en los periódicos. Aun conservo las pruebas de ello en mi cuerpo -Baena púxose en pé e levantou as mans esposadas- Deseo que mi sangre sea la última que vierta un tribunal militar en este país.”
Agora so faltaba a reunión reunión do Consello de Ministros, eles tiñan a última palabra.
Xosé Humberto Baena aproveitou aqueles interminables días de espera para escribir aos seus familiares. Nas súas cartas transmitía a desesperanza ante unha morte que consideraba inevitable. Nunha delas escribía: “Estoy nervioso, como cuando vas a conocer algo nuevo, pero no tengo miedo. Cuando llegue el momento puede que llore, pero no gritaré. Si lloro será en silencio, y no por mi, será por vosotros y por todo lo que dejo. En una de tus tres visitas anteriores me dijiste que me hiciese a la idea de que tenía una enfermedad muy grave, pero que existía una pequeña esperanza de salvación. Te hice caso. Pero me convencí de que la enfermedad que tenía era cáncer, y para el cáncer no existen médicos. De este convencimiento viene la resignación que tengo ahora”
Noutra do 20 de Setembro: “Se que mamá está preocupada por lo que como, decidle que además de la comida del comedor todos los días bebo una botella de leche, galletas y chocolate que compro en el economato, y que me cuidan bien……El otro día no pude ver a mi abogado no me subieron a tiempo al locutorio y él no podía espera, cuando subí se había marchado, de todas maneras hace tiempo que le dije que yo ahora no necesito un abogado, necesito un amigo…”
Noutra carta do 21 de Setembro dicíalles: ” Me dijiste que Fernando estaba muy apenado por mi sentencia de muerte, que casi no iba a trabajar y que estaba siempre en el médico. Animadle. Decidle que el trabajo no lo deje bajo ningún concepto. Lo mío estaba previsto ya y el tiene que alimentar a su mujer y a sus dos hijas….” “Me gustaría daros un abrazo muy fuerte a vosotros, a Mary a Fernando, a las tías, a los niños y a mis amigos. Pero yo soy muy flaco y vosotros muchos para que quepáis en mis brazos”.
Entrementres as protestas e solicitudes de indulto foron unanimes a nivel internacional. Os nove países da CEE, a ONU e a Asamblea Parlamentaria da Alianza Atlántica remitiron telegramas ao dictador que non tiveron resposta, tamén intercedeu o Papa Pablo VI . As xestións de alto nivel acabaron traducíndose en movilizacions multitudinarias nas ruas de París, Londres, Roma, Lisboa, Bruselas, Estocolmo, La Haya, Amsterdam, Praga, Copenhague e Moscú que foron escenario de manifestacións, ataques, alegacions diplomáticas e enfrentamentos coa policía.
Ningunha destas accións conseguiron cambiar a sentencia de condena a morte de Xosé Humberto Baena. A noite do 26 de Setembro na que o Consello de Ministros deu o visto a condena Xosé xunto co seus compañeiros foron levados a tres celdas do sótano onde agardarían toda a noite ata a hora do seu traslado ao polígono de tiro de Hoyo de Manzanares.
Os datos para a elaboración deste artigo están baseados nos testemuños de Flor Baena e no libro “Mañana cuando me maten” de Carlos Fonseca.
Queda pendente da continuación da cronoloxía. Avisarémoste mediante Whatsapp ou Telegram se es afiliad@ ou simpatizante de Esquerda Unida Vigo, ou seguíndonos en Instagram e Facebook.
Ademáis, deixámosche a continuación un artigo que complementa esta historia xa que tivemos o pracer de contar con Flor Baena no primeiro Faladoiro da Memoria. Irmá de Xosé Humberto Baena e loitadora permanente por demostrar a inocencia de seu irmán.