Este é o inicio dunha serie de artigos que describen datas claves na vida de Xosé Humberto Baena que desencadenou co seu fusilamento aos seus 25 anos, acusado dun delito que non cometeu e sen deixarlle posibilidade de defensa.
No primeiro de maio de 1975 celebrouse unha manifestación en Vigo. Nesa manifestación, un policía de paisano dispara “ao aire” e mata a Manuel Montenegro. Manuel era un empregado de Fenosa que se encontraba traballando no interior da empresa cando, nun momento dado, se achegou a observar a manifestación.
Xosé Humberto non participou na manifestación, pero en canto se percatou do acontecido, él e outros compañeiros recaudaron diñeiro para poñerlle unha coroa de flores e unha esquela no Faro de Vigo.
Para publicar a esquela deron o su nome e o seu DNI.
Aos poucos días, a policía comeza a buscar e a deter aos que participan na colecta de diñeiro. De feito, a policía chega a rexistrar a casa donde residía a familia de Xosé Humberto en Vigo. Rexistro que resultou infructuoso. O despliegue policial foi tal que os veciños do barrio alertaron a Xosé Humberto cando volvía para a casa. Coñecedor dos métodos empregados entón pola policía para facer confesar delitos non cometidos, decide fuxir a Portugal, para finalmente refuxiarse en Madrid e continuar a loita política.
Queda pendente da continuación da cronoloxía. Avisarémoste mediante Whatsapp ou Telegram se es afiliad@ ou simpatizante de Esquerda Unida Vigo, ou seguíndonos en Instagram e Facebook.
Ademáis, deixámosche a continuación un artigo que complementa esta historia xa que tivemos o pracer de contar con Flor Baena no primeiro Faladoiro da Memoria. Irmá de Xosé Humberto Baena e loitadora permanente por demostrar a inocencia de seu irmán.