O sábado día 09 de Abril tivo lugar no Centro Cultural Caixanova de Vigo o Foro de Agroecoloxía organizado pola Área de Medioambiente de Esquerda Unida na Comarca de Vigo.
Foi presentado por Lino Costas, responsable da Área. Asitiron como invitados Sira Rego (concelleira de IU de Rivas Vaciamadrid), Belén Fervenza (agricultora ecolóxica e membro do Sindicato Labrego Galego) e Manuel Garrido (compañeiro de EU Vigo e Membro da cooperativa Árbore de consumo consciente).
Belén Fervenza comentou o traballo que realiza como agricultora e as dificultades que se atopa tanto á hora de conseguir sementes non tratadas e como á de facerse oco no mercado. Neste senso recalcou a importancia de educar ás persoas para que valoren realmente o traballo que levan os alimentos ecolóxicos e os seus beneficios para a saúde. Por outra banda, reivindicou o orgullo e dignidade da agricultura tradicional e a importancia cultural e medioambiental que ten.
Manuel Garrido explicou a labor que leva realizando a Cooperativa Árbore dende fai dez anos. Cun claro crecemento, tanto en socios coma en volumen de traballo. A Cooperativa é un punto de encontro social que reforza o cambio de hábitos para transformar aos consumidores nuns consumidores conscientes, é dicir, que empreguen productos ecolóxicos, sostibles e desenrolados en empresas que respetan aos traballadores. Así, Garrido comentou algúns dos principios reitores de Árbore, coma son o movemento alterglobalización, carácter non capitalista, o principio de soberanía alimentaria, transparencia, redes alternativas, a socialización, solidariedade,etc. Recalcou tamén ao igual que Belén a importancia da educación das persoas en materia alimentaria e social, que propicie ese cambio de hábitos de consumo. A Cooperativa Árbore pertence á Rede de cooperativas Sinerxia.
Pola súa parte, Sira Rego, expuso os proxectos que veñen convertendo en realidade dende fai uns anos no municipio madrileño de Rivas Vaciamadrid. Por unha banda falou do proxecto de agroecoloxía polo que se utilizaron terreos do concello que non tiñan uso por ese entón para acondicionalos cun fin agrario, cultivando productos ecolóxicos e de consumo local. Para dinamizar á súa venda organizaron un mercado agroecolóxico e por outra parte crearon hortas de proximidade (entre as edificacións) para abastecer á comunidade. Tamén contan cunha zona de sementación experimental, onde proban as diferentes especies e a súa adaptación ao clima da zona.
Para facilitar o acceso dos veciños a traballo agrícola municipal, puxeron en marcha arrendamentos da terra a prezos baixos e fomento do autoemprego. A resposta da cidadanía foi moi boa e este traballo absorveu parte das persoas desempregados doutras ramas, como pode ser a construcción. Dada esta disposición favorable, Sira informou que están estudiando a viabilidade da creación dunha pequena explotación agropecuaria de aves, instalación de panais de abellas e un parque ecolóxico. Para reforzar os coñecementos dos traballadores realizan tamén cursos de formación e capacitación e por outra banda grupos de consumo e educación ambiental.
Tras as tres intervencións abriuse un turno de palabras onde os asistentes achegaron interesantes opinións. Finalmente, os tres oradores e a Área de Medioambiente de EU esperan que este acto servise para plantar a semente de futuros proxectos de agroecoloxía na nosa comarca.