Crónica de Cayo Lara en Vigo

Cayo Lara destapa a coincidencia básica do PP e PSOE en facer pagar a crise aos pobres favorecendo aos ricos.

Nun encontro previo con dirixentes dos sindicatos CIG e CCOO expresoulles a solidariedade de EU coa loita dos traballadores do metal por un convenio digno.

P5250037

Secretaría de Comunicación de EU-EU. Vigo


DSC_0471O coordinador federal de IU non defraudou as expectativas do público, e con mestría didáctica desmenuzou a dinámica  da crise, deixando ao espido o papel servil de Zapatero ante a banca coa aquiescencia cómplice de Rajoy.

Empezou a súa intervención preguntándose cal sería a diferenza substancial que poderían exhibir os candidatos do PP e PSOE no debate televisivo previsto para uns minutos mais tarde, tendo en conta as súas amplas coincidencias no impulso ao neoliberalismo; tendo en conta que o que entrou en crise son as súas políticas de privatización, de baixada de impostos aos ricos, de non intervención na economía.
Acusou a Zapatero de presentarse como o “rei do mambo da esquerda”, depois de perdoarlle ao 1% da poboación máis rica o imposto de sucesións; logo de facer agasallos mil millonarios á banca e grandes fortunas, deixando desprotexidos aos catro millóns de parados, ao millón de fogares nos que todos os seus membros están en paro, aos 75.000 españois que perderon a súa vivenda e os seus aforros por non poder pagar a hipoteca.

DSC_0449Destacou que a economía especulativa do ladrillo – cuxa crise arrastrou aos demais sectores, convertendo a España en líder de paro en Europa – é corresponsabilidade tanto do PP como do PSOE, polas súas facilidades urbanísticas, pola súa protección dos paraísos fiscais.

Precederon a Cayo no uso da palabra o coordinador local de Vigo, Rubén Pérez, Juan Fajardo, concelleiro en Vilagarcía de Arousa e Ledicia Piñeiro, membro da Mocidade Comunista de Galicia e candidata por esta comunidade ao parlamento europeo, quen destacaron o papel de Willy Meyer no pasado europeo fronte ao ilegal PXOM de Vigo, á ilegal depuradora e demais verteduras á Ría ou ao proceso de Bolonia mercantilizador da universidade.
Vigo, 25 de maio de 2009

Relacionados