Como cada último xoves de mes participamos na concentración que organiza a Rede de Mulleres. A choiva deu tregua para que poidesen ler o manifesto.
No que levamos de ano rexistráronse 10 mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas, a violencia machista non cesa. Ademáis, 2024 é o ano con máis casos de violencia vicaria, 7 crianzas asasinadas. Datos que poñen de manifesto que queda moito camiño por percorrer contra a violencia machista, que as institucións non están a facer o suficiente para protexer ás mulleres e as súas crianzas e que todas, todos e todes debemos sair á rúa, berrar e facer todo o que esté nas nosas mans para acabar con esta lacra.
Debido aos datos escalofriantes de violencia vicaria neste ano, queremos expoñer que é. A violencia vicaria é unha maneira de violencia machista pola cal os fillos e fillas de mulleres víctimas de violencia machita son instrumentalizados co obxetivo de maltratar ou ocasionar dor ás súas nais.
Engadimos que un maltratador nunca poderá ser un bo pai, a protección das crianzas debe ser prioritaria para evitar que poidan causarlles dano algún.
Animánosvos a todas, todos e todes a participar nesta concentración que sempre é o último xoves de mes ás 20h no Marco.
Dende EU Muller Vigo (Instagram/Facebook) témolo claro, a loita contra o machismo é de todas, todos e todes.
Nin unha menos! ✊💟