Concentración en Ponteareas

Cunha pancarta que dicía “FASCISMO NON, LIBERDADE DE REUNIÓN”, algo máis de cincuenta persoas concentráronse en Ponteareas onte ás 12 horas diante da sede do PSOE, para pedir a anulación da sanción ó presidente dunha ANPA, Juan Carlos Carrillo Claro, por manifestarse en Xaneiro contra o bombardeo israelí sobre Gaza.

Os organizadores expresaron a súa vontade de seguir cunha mobilización permanente ata que o delegado do goberno faga unha nova valoración dos feitos e anule a sanción.

Convocada PCG, EU-IU e XCG, contou coa presencia solidaria de representantes doutros colectivos.

Seguir lendo…

Relacionados