Este pasado Sábado día 28, EU de Vigo, e doutras localidades que se achegaron, participamos na concentración que se establecera por parte do FSM 2009 de Belem, en conxunto, tamén, coas outras forzas da plataforma anti-capitalista de Vigo.
Reivindicáronse os puntos comúns do FSM, lendo o manifesto de modo repartido entre as forzas asinantes da plataforma anti-capitalista. Para rematar coa actuación do cantautor Tino Baz, quen interpretou algúns dos seus temas para o deleite dos presentes. Tamén, durante o acto, contouse coa colaboración de varios músicos afíns as nosas reivindicacións.
Demostrouse, unha vez máis, o rexeitamento o actual sistema, o cal non é viable e ten que ser sustituido por unha alternativa real e sostible.
O final fíxose unha marcha pola rúa Príncipe, para rematar cantando a Internacional.