Esquerda Unida de Vigo condena sen paliativos a brutal represión contra os poboadores nativos en Bagua que deixou o saldo de 20 mortos e decenas de feridos.
Manifestamos o noso apoio á loita dos pobos amazónicos, cuxos dereitos ancestrales preténdense conculcar mediante decretos lexislativos promulgados inconstitucionalmente polo Executivo, que levou a efecto unha brutal represión que ocasionou unhas mortes absolutamente inxustificables.
Apoiamos a petición de retirada das forzas represivas de Bagua, e que se facilite a atención dos feridos.
Denunciamos as represalias contra os dirixentes nativos, sobre quen pesa persecución e posible detención e apoiamos as peticións de cesamento da campaña mediática que intenta xustificar a represión e o autoritarismo do Goberno de Alan García.
Fonte orixinal