Ciclo de cine en Vigo

A Xuventude Comunista realizará en Vigo un Ciclo de Cine onde se proxectarán seis películas con temas que van dende o feminismo ata o ecoloxismo pasando polo golpe de estado en Honduras do pasado ano. As proxeccións realizaránse na sede de Esquerda Unida (Porta do Sol, 11bis, entrechán).

Xoves 12 de Agosto: “Home”. Documental ecoloxista.

Xoves 19 de Agosto: “A Toma”. Narra a crise económica que Arxentina sufríu en 2001.

Martes 24 de Agosto: “O Diñeiro É Débeda”.

Xoves 26 de Agosto: “Quen Dixo Medo?”. Filme que retrata o golpe de estado Hondureño do pasado ano.

Martes 31 de Agosto: “Pan e Rosas”. Película feminista.

Xoves 2 de Setembro: “A Folga”. Película soviética.

Todas as películas se proxectarán ás 20:00 horas.

Relacionados