Esquerda Unida de Vigo alerta do perigo de novas mortes de indixentes nas nosas rúas ante a ola de frio e da incapacidade municipal para conquerir un albergue digno como primeira pedra para un CENTRO INTEGRAL DE REINSERCIÓN

O coordenador Local de ESQUERDA UNIDA en Vigo e candidato de EU nas municipais de 2010, Rubén Pérez, alertou hoxe de que a ola de frío pode significar novas mortes de persoas en situación de rúa na nosa cidade.

 

EU lembra que as cidades económicamente activas sempre son nas que se producen aumentos considerables de persoas que viven na rúa, procedentes en ocasións doutras rexións e cidades, polo que Vigo, e especialmente nestes tempos de crise, vai a vivir un contínuo aumento desta problemática humanitaria e social.

 

ESQUERDA UNIDA quere denunciar de novo, nestes días donde a ola de frío amenaza con aumentar o número de falecementos de personas na rúa, que seguimos a vivir un lamentable espectáculo de improvisación e donde intereses corporativos do concello priman sobre a máis elemental acción humanitaria que é o dereito a un teito, unha axuda á integración e, en definitiva, albergar unha esperanza e un proxecto de vida.

 

ESQUERDA UNIDA pide un PLAN INTEGRAL DE INSERCIÓN SOCIAL E DE LOITA CONTRA A MARXINACIÓN que dote de especialistas (traballadores sociais, psicólogos, médicos e traballadores sanitarios,…) recursos e infraestructuras a loita contra un problema que, aínda que silenciado, non deixa de ser real e urxente solucionar.

 

Gabinete de Prensa
Secretaria de comunicación
Executiva Local de Esquerda Unida

Relacionados