CARTA ABERTA Á CIDADANÍA: A FOLGA DO METAL. VERDADES E MENTIRAS

A FOLGA DO METAL. VERDADES E MENTIRAS

A razón sempre existíu,

Pero non sempre nunha forma razonable

Karl Marx

  • ORIXE DO CONFLICTO. QUE PIDEN OS TRABALLADORES

A orixe do conflicto, como en anteriores ocasións, volta a estar na negociación do novo convenio. A patronal pretende esconderse na crise capitalista, provocada por eles e o seu libre mercado, para arañar unha merma de dereitos no sector. Os tres sindicatos teñen unha proposta unitaria, disposta para a negociación pola súa banda as diferentes patronais son incapaces de artellar unha proposta conxunta e converxen na idea de restar dereitos aproveitando a coxuntura. Mentras os traballadores plantexan un convenio de duración curta de transición no 2009 e voltar a negociar no 2010, a patronal petrende un convenio longo con conxelación salarial e sen tocar a duración do cómputo de xornada anual. A vontade negociadora dos traballadores está ampliamente contrastada pola aceptación de numerosas rebaixas na táboa reinvindicativa inicial, algo inexistente na postura patronal.

  • A CRISE CAPITALISTA. ESCUSA PARA UN AXUSTE DE CONTAS ÓS ASALARIADOS E ASALARIADAS

Dende sempre os periodos de crise foron empregados polo capital para artellar medidas de forza e desregularización. A crise foi a escusa para a privatización de decenas de empresas públicas nos anos 90, foi tamén a que serviu para que o PSOE consagrara a aparición das ETT´S e os contratos precarios… Unha vez mais a crise e a escusa para mermar dereitos. A crise capitalista teñen que pagala os que a produciron, non ós traballadores e traballadoras

  • NOVOS TEMPOS VELLAS MENTIRAS. DIVIDE E VENCERÁS

Enfrontar a traballadores e traballadoras é o gran empeño do capital, facer ver como diferentes os intereses do metal cós intereses colectivos do resto da cidadanía ten que contar coa oposoción activa e decidida de todos e todas. E evidente que o que xoga nas rúas de Vigo aféctanos independentemente do sector no que desempeñemos a nos actividade ou situación laboral.

  • CÓMPRE SABER, COMO O SABE A PATRONAL O EFECTO DOMINÓ QUE TEÑEN AS CONQUISTAS LABORAIS QUE SE PRODUCEN NOS SECTORES MAIS ORGANIZADOS DO MOVEMENTO OBREIRO

A recente directiva da CEOE os seus afiliados de non tranxisir en aumentos salariais por enriba do 1% na negociación colectiva pon en liza o intento de desactivar de xeito mais furioso aqueles sectores que, como no noso metal, son referente en reivindicacións obreiras, onde se conquire polo instrumento da negociación colectiva reforzado coa mobilización obreira, logros que inquedan a patronal que sabe que logo son referentes para outros convenios. A batalla patronal contra as reivindicacións no metal é unha batalla que sobrepasa os límites da nosa cidade e da nosa provincia. Trátase de quebrar o espello no que se miran miles de asalariados no noso país.

  • OS QUE OCUPAN A RÚA ESTES DÍAS SON TRABALLADORES, NON SON ESPECULADORES.

Os verdadeiros radicais son os que radicalmente defenden o modelo actual de desenvolvemento baseado no ladrillo e na corrupción institucional, e son os que temos que denunciar os traballadores. Hipotecaron as nosas vidas por decenas de anos e agora pretenden que traguemos coa súa desfeita.

  • NON HAI LIBERDADE DE PRENSA PERO HAI LIBERDADE DE EMPRESA.

A prensa xoga o seu habitual papel lamentable neste conflicto. Dependente das subvención e publicidade dos poderes políticos e económicos da cidade conta as cousas a medias, servindo interesadamente ós poderes económicos de turno, convertindo os traballadores e profesionais do sector en sufridores dun abuso ante a visión na rúa dunha realidade e a obligatoriedade de autocensurar a súa información posteriormente.

  • A UNIDADE SINDICAL IMPRESCINDIBLE PARA A CONQUISTA DE DEREITOS.

Saúdamos a unidade sindical acadada neste conflicto, as tres forzas maioritarias amosaron unha seriedade e madurez que permite ante os miles de traballadores evitar suspicacias sobre intereses máis alo do convenio e da conquista de dereitos. Que esa unidade sexa a punta de lanza para unha unidade en todo o movemento obreiro galego.

  • A NECESIDADE DE RECUPERAR O INTERNACIONALISMO PROLETARIO FRATERNAL E SOLIDARIO. NON ESQUEZAMOS NUNCA O NOSO PASADO RECENTE EMIGRANTE.

Como traballadores dunha sociedade con profundas raices na emigración económica neste século temos que ter claro que o verdadeiro culpable de que man de obra emigrante traballe no sector vulnerando o convenio actual é exclusivamente a patronal co silencio do goberno e inspección de traballo. Para evitar formas intencionadas ou non de xenofobia cómpre ecuperar os valores de clase, dende a súa primexenia forma nacida da I Internacional no século XIX, na que a solidariedade dos obreiros polacos e ingleses, por exemplo, evitou que uns en folga foran substituidos por outros, fómula qu volta (nunca deixou de selo) a ser imprescindible no século XXI nun periodo no que o capitalismo ferido se comporta de novo de xeito inhumano.

Vigo, 18 de xuño de 2009

HOXE TODOS E TODAS SOMOS O METAL

A DESUNIÓN É A NOSA DEBILIDADE. A UNIÓN É A NOSA FORZA

VIVA A LOITA DA CLASE TRABALLADORA

firma

Esquerda Unida

Agrupación Comarcal de Vigo

eu-vigocomarca@esquerdaunida.org

Partido Comunista de Galicia

Comité Comarcal de Vigo

vigo@pcgalicia.org

Xuventude Comunista Galega

Comité Comarcal de Vigo

vigo@xcgalega.org

Relacionados