ESQUERDA UNIDA VIGO INICIA UNHA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE O CONFLITO CON VITRASA
13/12/2023
A agrupación viguesa da organización Esquerda Unida, comezou onte unha campaña informativa de sobre o conflito coa empresa privada VITRASA que ten o contrato público para dar o servizo público municipal de transporte de viaxeiros en réxime de concesión.
Para Esquerda Unida, non é tan só un desencontro polas retribucións salariais que o cadro de persoal da empresa teñen que percibir, se non que tamén é unha cuestión de seguridade e saúde nos seus traballos. “A regulación planificada dos seus descansos, as condicións mínimas de hixiene, como ter uns aseos nas cabeceiras das rutas, non son reclamacións menores, polo que no é nada máis aló que cumprir o prego concesional” explica o seu coordinador local Guillermo Crego.
Esquerda Unida pretende explicar con tres sinxelas preguntas o que está a pasar no servizo. A primeira delas é: Porqué están en folga?. Salientan en que é principalmente por dúas cousas, por demandar melloras nas condicións de traballo do persoal e por defender o seus postos da salvaxe especulación da empresa concesionaria.
Na segunda das preguntas que é: Qué demandan? Indicase, basicamente, que non se siga empeorando o servizo como se fixo dende a sinatura da prórroga do contrato no 2020, que a empresa se sente a negociar con seriedade un novo convenio colectivo, xa que o que hai esta caducado, e que se cumpran todas as cláusulas asinadas no contrato público.
Por último, e para unha organización coñecedora das capacidades que ten o concello, a pregunta é: Porqué non actúa Goberno Local xa que ten as fórmulas para a resolución do grave problema?. Aquí poñen especial enfase na capacidade que ten o Concello de poder sancionar a empresa concesionaria polos centos de incumprimentos que esta a facer esta do contrato público asinado. É máis, o non facelo o sinalan como un claro acto de prevaricación. “As institución públicas que non controlan as irregularidades dos contratos asinados con cartos públicos están levando a cabo un fraude de lei, pode que aínda que a xente non o saiba, eles si son ben conscientes diso.” enfatiza o seu coordinador local.
Polo tanto, para trasladar todo este debate a vida pública viguesa, vanse a distribuír nestes días milleiros de panfletos informativos en diferentes puntos da cidade. Ademais realizarase unha pequena campaña nas súas redes sociais.