Asiste con Esquerda Unida de Vigo ao acto central de refundación da Esquerda en Galicia o día 5 de xuño en Santiago de Compostela

Como sabes EU (e IU a nivel federal) está a desenvolver nestes meses o proceso de Refundación da Esquerda, no convencemento de que cómpre forxar un novo proceso e converxencia política, social e cultural que achegue forzas e alumee unha esperanza para milleiros de activistas sociais e culturais, para a clase traballadora, para todos os sectores sociais populares agredidos polas políticas neoliberais da globalización capitalista.

O esforzo político e organizativo que estamos a levar a cabo vai ter un fito da meirande importancia no ACTO PÚBLICO DA REFUNDACIÓN DE EU, que imos celebrar o día 5 de xuño de 2010 ás 11:30 no teatro Principal de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 21) Esta confirmada a asistencia de Cayo Lara, Coordinador General de IU, así coma diferentes representantes da esquerda social galega.

Haberá buses dende Vigo para ir todos xuntos/as a Santiago.

Os horarios son os seguintes:

  • 10:00 Saída de bus dede enfronte do Colexio Salesianos (Rúa Venezuela). Cada usuario do bus pagará 2 € en concepto de axuda.
  • 11:30 Comezo do acto de Refundación no Teatro Principal de Santiago
  • 14:30 Transporte en Autobús desde o Teatro Principal ao Monte da Condesa para comer alí. O custe do plato son 4,5 € (aproximadamente). Cada asistente pagará a súa comida.
  • 16:15 Saimos de Santiago cara a Vigo.
  • 17:30 Chegada a Vigo.

Se es afiliado/a ou simpatizante de EU e queres asistir a este acto, ou ben coñeces xente que estea interesada en asistir, ponte en contacto co responsable local de Refundación nos teléfonos 606 275 130 / 986 246 183, ou a través do correo eu-vigo@esquerdaunida.org (Asunto: Eu asistirei ao acto do día 5).

Agradecemos que nos informes da túa asistencia canto antes, para ver cantos buses fletamos.

Recibe un cordial saúdo

Consello Local de EU Vigo

Relacionados