Hoxe celebrouse a Asemblea Nacional, na sede de Santiago de Compostela, para debatir os documentos federais que construirán A Esquerda dos próximos 4 anos. Na Asemblea Comarcal celebrada o pasado sábado 13 de abril votouse unha lista de 6 delegadas e 4 delegados.
A Asemblea comezou coa presentación da proposta de mesa e da súa votación. Unha das integrantes da mesa foi a nosa compañeira Fiona, responsable de EU Muller Vigo (Instagram/Facebook).
Unha vez conformada a mesa, fíxose unha presentación dos dous documentos que podían debatirse. Para a defensa do documento da Dirección sainte, achegouse ata Santiago o compañeiro Rubén, antigo coordinador de Esquerda Unida Vigo, e para a defensa do documento alternativo conectouse online o compañeiro Miguel dende Madrid.
Unha vez ambos fixeron a defensa de cada un dos documentos, procedeuse á votación.
Posteriormente, procedeuse á defensa e votación das emendas. De Vigo defenderon emendas, a compañeira Eva, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, o compañeiro Carlos e as compañeiras de EU Muller Vigo, podes ver o detalle no seu artigo DEFENSA DAS EMENDAS AO PROTOCOLO DE ACOSO 2024
Para dar finalización á Asemblea Nacional e co obxectivo de asistir á Asemblea Federal o próximo 18 de maio, votouse a lista de delegadas e delegados.
Non hai probas gráficas, pero a Asemblea Nacional foi amenizada cunha “merenda” que constaba de tortilla e empanada. Ainda así, as delegadas e delegados de Vigo, poideron compartir unha comida xuntas. Tampouco hai proba gráfica, pero prometeron facer máis fotos no futuro.