As tres vías da constitución española

Rubén Pérez
Coordinador de ESQUERDA UNIDA en Vigo

En 1947 Italia aprobaba a súa constitución tras anos de fascismo, loita contra o invasor alemán e unha difícil postguerra política. Nunha Italia donde o peso dos vencedores partisanos, donde o do gran Partido Comunista de Italia de de Togliatti e Longo era definitorio non era difícil suponer que o texto constitucional tivese na proposta comunista un certo aplomo. Froito desto, o título I do texto, tan combatido nos últimos tempos por Berlusconi, dí que “ Italia é unha República Democrática fundada no traballo.” Repetidas veces, nestes tempos oscuros, a clase obreira italiana sae a rúa para defender precisamente este espíritu, conscentes de que o texto non é máis que unha vontade de espíritu pero que pode caer dun lado ou de outro dependendo de quen o interprete.

Históricamente na esquerda anticapitalista española tivemos a ven identificar a constitución como o resultado dunha claudicación e un chantaxe histórico do PCE, dunha sustitución do estado fascista por outro burgués sen facer catarse. Posiblemente si, pero a min, como traballador, xurdeme a duda de que porque non, como en Italia ou Portugal, o interesante do asunto e ver como o pouco que o PCE conqueríu “colar” no texto non é empregado para reivindicar dereitos básicos como o traballo a vivenda ou a laicidade.

Conta Ignacio Gallego, deputado do PCE na primeira lexislatura como cando o recentemente finado Sole Tura chegou a reunión do grupo parlamentar comunista co texto- borrador xurdíu un debate sobre o mesmo de difícil solución. Sole Tura, unha das mentes máis lucidas de entón,  propuso redactar de tres xeitos cada artigo: un tal e como querían os comunistas que claramente rexeitarían as outras forzas, outro inaceptable tal e como quería AP e os post-franquistas e un terceiro indefinido que puiedese ser aproveitado polo PCE pero que non expusera claramente as propostas como a primeira opción.

Nos anos 90 na etapa universitaria, leín por primeira vez o texto constuticional español imbuído polas chamadas de Julio Anguita a coñecer o texto, a leelo e estudalo para ver como se prostituía o contido; como un goberno en delirio privatizador restaba valor o público, como o dereito subxetivo de vivenda o traballo quedaba en dereito a hipotecarse e a precarizarse. Os que tiñamos no texto constitucional somentes a imaxe do exército como garante de unidade da patria, os que asentíamos ante os nacionalistas de un e outro pesebre que o PCE dudou, vendeu a hexemonía na rúa, entendimos entón que no texto, escondido, baixo corda, existía esa terceira formulación que redactou Sole Tura.

Cando os traballadores e traballadoras de este país ateigemos as rúas exisindo vivenda, traballo e servicios públicos entón , solo entón, a Constitución terá valido o sacrificio, a renuncia de miles de personas por un sistema que entón creíamos democrático.

Relacionados