O pasado 11 de marzo acompañamos As Ninguéns na súa concentración para visibilizar a situación das mulleres empobrecidas prostituídas.
Exclusión, falta de recursos e abusos
A situación das mulleres empobrecidas e prostituídas está marcada pola exclusión, pola falta de recursos básicos e pola constante exposición o abuso físico e emocional. A decisión de prostituírse no é unha decisión libre é consecuencia directa da pobreza extrema ,da falta de alternativas reais e da violencia estructural, que as levan a sobrevivir como poidan.
Esta situación agrávase no caso de mulleres migrantes que sofren unha dobre opresión, a de xénero e ser sinaladas en diana da xenofobia. Esta vulnerabilidade é aproveitada polas redes de explotación
É imprescindible unha intervención directa e urxente
Precísanse accións concretas e vontade política. Os servicios sociais deben estar dotados de equipas multidisciplinares, traballadoras sociais, educadoras, técnicas en integración social, psicólogas, avogadas e un programa serio e potente de formación e emprego. A Casa da Muller lévase reclamando dende hai anos como como un lugar axeitado para levar a cabo estas accións.
A raíz do problema é clara, desigualdade de xénero e clase que xunto coa pobreza determinan as posibilidades de garantir a subsistencia.
A proposta das Ninguéns é contundente
- Prioridade política para as persoas en situación de prostitución, moitas delas con crianzas a cargo.
- Medidas redistributivas encamiñadas a protexer a sua integridade física e mental.
- É imprescindible que se habiliten vivendas estables para que poidan abandoar a actividade
- Recursos tanxibles e materiais
Estas propostas levarían a eliminar co tempo o estigma e a criminalizacióó acadando a súa integración na sociedade e o dereito a unha vida digna e segura, a que todos os seres humanos temos dereito.
E para todo isto só se precisa, unha conciencia feminista real, vontade política e valentía por parte das institucións.





