Artigo sobre o acto “Razóns para a abolición da prostitución”

 

Esq. a der.: Nair Rodríguez (Resp. Área da Muller EU), Eva Solla (Sec. Org. Comarcal EU, nº2 por Vigo), Nieves Turienzo (Presidenta Médicos do Mundo) e Carmen Lago (Presidenta Asociación Faraxa)

O pasado Mércores, 16 de marzo, tivo lugar na Galería Sargadelos o Acto Público de Esquerda Unida “Razóns para a abolición da prostitución” no que participou Eva Solla Fernández, nº2 na candidatura de EU ao Concello de Vigo e interviron coma invitadas Carmen Lago, presidenta da Asociación Faraxa e Nieves Turienzo, presidenta de Médicos del Mundo en Vigo.

No acto, as invitadas espuxeron as súas opinións sobre o problema da prostitución , poñendo en valor a súa experiencia dado o traballo que realizan nas súas organizacións, destacando que as verdadeiras víctimas de este negocio son as mulleres prostituídas.

Así mesmo, Eva Solla explicou que Esquerda Unida mantén que a prostitución debe ser abolida e así se recolle por primeira vez nos programas de EU. Punto no que tanto Carmen Lago coma Nieves Turienzo coincidiron claramente.

Os asistentes poideron visionar un vídeo aportado por Faraxa. Incluía unha reportaxe sobre a trata de blancas que ilustraba perfectamente o drama das persoas traficadas e as mafias que se ocultan detrás do negocio.

Concluiuse finalmente que existe a necesidade de educar á sociedade para facer conscientes a homes e mulleres da gravedade dun problema que nos implica a todos.





Área da Muller
Esquerda Unida

Relacionados