Artigo sobre o acto “A revolución no mundo árabe”

Esq. a der.: Xaquín Pastoriza (Revista "Lucha de clases"), Brais Fernández (Revista "Lucha de clases"), Rubén Pérez (Candidato de EU)

 

O pasado xoves, 17 de marzo, tivo lugar no Café Uf o Acto Público organizado por Corrente Marxista Internacional “A revolución no mundo árabe” no que participou coma convidado Rubén Pérez Correa, cabeza de lista de  EU ao Concello de Vigo.

Brais Fernández xustificou a programación deste acto debido á emerxencia de difundir e reflexionar dende a esquerda sobre procesos revolucionarios que están a ter lugar no mundo árabe; así mesmo presentou o primeiro número da revista “Lucha de clases” coa que a pretenden contribuír á formación ideolóxica da clase traballadora fronte ao xigantesco aparato mediático do capital.

O profesor de historia, Xaquín Pastoriza, realizou un minucioso análise sobre os acontecementos acaecidos no mundo árabe durante os últimos meses, en especial en Túnez, Exipto e Libia; Pastoriza salientou como dende os medios de comunicación de masas trata de ocultarse o carácter de clase das reivindicacións así coma a relevancia dos sindicatos e do movemento folguístico nestes procesos revolucionarios.

Rubén Pérez Correa destacou a relevancia do Magreb (especialmente en Túnez e Marrocos), coma destino da deslocalizació de  distintas empresas da comarca de Vigo, cunhas condicións de explotación e represión laboral extrema. Así mesmo, e en coherencia coa postura de IU, expresou o seu rexeitamento a unha intervención militar en Libia dirixida pola OTAN, que só buscaría satisfacer os intereses do capitalismo europeu e norteamericano e facilitar un seu acceso, todavía máis barato, aos recursos petrolíferos e gasísticos do país.

Relacionados