ALEGACIÓNS AOS ORZAMENTOS DO 2025 DO CONCELLO DE VIGO

Dende Esquerda Unida Vigo temos o convencemento de que o diñeiro público pode invertirse dunha maneira máis eficiente e xusta para a cidadanía. Por iso, logo de analizar os presupostos presentados polo goberno do Concello de Vigo, o noso coordinador local Guillermo Crego presentou o seguinte documento ante o rexistro do Concello de Vigo:

Alegacions EU orzamento 2025 distribución

A VIVENDA COMO PROBLEMÁTICA PRINCIPAL DA VECIÑANZA

A vivenda é o principal problema da veciñanza e o goberno do Concello de Vigo segue sen poñer medidas para facilitar o acceso a unha vivenda digna e a prezos adecuados ao salario da cidadanía, sobretodo da xuventude. Dende as institucións públicas temos a obriga de actuar con rotundidade e propoñer accións e medidas que fagan cumprir este dereito constitucional

A proposta que facemos dende Esquerda Unida Vigo é a creación dun parque público de vivenda en réxime de alugueiro social. Para elo, coas modificacións propostas nas alegacións, contaríamos cunha nova partida de 4.839.200 euros, o que non chega a ser un 1,5% do orzamento total.

VIGO LGTBIQ+

Este ano 2024 vimos como os colectivos LGTBIQ+ da cidade tiveron que asumir a totalidade da organización e do custo das actividades durante o mes do Orgullo, podes ver máis detalle no artigo que compartimos A diversidade fainos máis cidade.

Desde Esquerda Unida Vigo consideramos que o Concello de Vigo debe incluir nos seus presupostos parte do custo da organización do Orgullo 2025 polo que propomos unha nova partida de 30.000€.

A VECIÑANZA DECIDE

Ninguén coñece mellor as necesidades de cada barrio que a propia veciñanza. Ninguén pode priorizar mellor qué se precisa que as veciñas que conviven día a día. Nada máis democrático que poder participar directamente en parte dos presupostos da nosa cidade.

A nosa proposta é crear unha nova partida para un proxecto de investimentos participativos en barrios é parroquias. O que propoñemos é destinar 2.500.000€ a que as veciñas poidan decidir qué precisa no seu barrio.

Relacionados