A gran Banca empregando o seu poder político (PSOE, PP), e mediático (Controla o 30% dos grandes grupos de comunicación), vendeunos dúas grandes mentiras:
1. O prezo da vivenda (un 70% especulación).
2. O crédito ilimitado, facéndonos crer que todos somos clase media (mediana burguesía), e, polo tanto, negando a loita de clases.
O goberno capitalista do PSOE inxectou a gran banca, preto de 250.000 millóns de € (ó 25% do PIB). Coa escusa de dar liquidez as empresas e as familias. A realidade é que a banca empregou unha parte de eses cartos para pagar os xuros do diñeiro que lle prestaron os bancos europeos (90.000 millóns de € no 2009). E outra parte para aprovisionar fondos co fin de cubrir o índice de morosidade, que se chegase a alcanzar o 7% fará quebrar a máis dun banco.
O goberno social-bancario do Sr. Zapatero adebeda as PEMES o redor de 33.000 millóns de €, o que pon en perigo o verdadeiro tecido produtivo deste país, e 6 millóns de empregos.
A gran banca escatima miles de millóns as arcas públicas, nas horas extras dos seus empregados, que non son nin aboadas nin cotizadas. E sobre todo no sobrecuste das prexubilacións, xa que a maioría fanse con 52 anos.