Este domingo volvimos sair ás rúas viguesas pola Terceira República. A manifestación foi organizada pola Asemblea Republicana de Vigo, dende Esquerda Unida agradecemos a súa loita incansable e acompañarémolos ata acadar a Terceira República.
Como é habitual, a manifestación saíu dende o cruce de Urzáiz con Vía Norte ás 12 da mañá dun domingo ben soleado. As compañeiras e compañeiros de Esquerda Unida Vigo e comarca e simpatizandes que poideron achegarse camiñaron durante todo o percorrido tras á faixa “POLA III REPÚBLICA, REFERENDO XA”.
A manifestación percorreu as rúas Urzáiz e Policarpo Sanz ata a Porta do Sol onde leu o manifesto o actor, e veciño de Redondela, Tatán. Nel fixo fincapé en que a monarquía está fora de tempo, que todo representante debe ser elexido democráticamente e que vai sendo hora de que os Borbóns desaloxen o seu anacrónico palacio e se declare dunha vez por todas a República arrebatada violentamente ao pobo soberano no 1936. Tampouco quixo esquecer nun día tan importante o xenocidio de Palestina, instando a que cesen inmediatamente os asasinatos por parte de Israel. Repetimos en numerosas ocasións o que todas, todos e todes pensamos e desexamos, PALESTINA LIBRE! PALESTINA VENCERÁ!
Para finalizar o acto, cantamos o himno galego entonados pola gaita e o violín da man de Antón Sánchez e Laura Quintillán, e entonamos a A Internacional.
Para festexar un día tan importante, dende a Coordinadora de Esquerda Unida Vigo organizouse un vermú republicano gratuito. Podía achegarse quen quixese a tomar algo e botar un conto. Tamén puxemos a disposición de quen quixese as chapas que fixemos no último Obradoiro de Chapas e camisetas.
Saúde e República!