A patronal volve as andadas e négase a negociar o convenio do metal de Pontevedra

Os delegados do sector metalúrxico de Pontevedra dos sindicatos UXT, CC OO e CIG acordaron nunha asemblea conxunta, celebrada o pasado día 15 en Vigo, deixar de realizar horas extra nas empresas afectadas polo convenio do sector do metal de Pontevedra, como medida de presión á patronal para que se abra a negociación do citado convenio, que permanece sen avances logo de 6 reunións onde a patronal soamente dedicouse a expor que o sector está en crise, argumentando que por este feito só pódese prorrogar 3 anos máis o convenio vixente e conxelar salarios.

Para as tres forzas sindicais resulta grotesco que a patronal argumente a crise do sector cando se vive un momento de carga de traballo total nos estaleiros e en talleres e pequeno metal estanse facendo horas extras arreo.

Leer máis…

Relacionados