ESQUERDA UNIDA CELEBRA A UNIDADE SINDICAL FRONTE AO ATAQUE DO PP.
YOLANDA DÍAZ COORDINADORA NACIONAL E CANDIDATA Á XUNTA DE GALICIA, MANIFESTA QUE “É NECESARIA A UNIDADE DA CLASE TRABALLADORA PARA COMBATIR O DESMANTELAMENTO DOS SERVIZOS PÚBLICOSE O ESTADO DO BENESTAR”
O vindeiro 8 de setembro terá lugar unha mobilización en Santiago de Compostela convocada pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, para manifestar e loitar pola defensa do sector público.
A executiva nacional de Esquerda Unida apoia as mobilizacións en contra dos recortes aplicados polo goberno e chama á cidadanía a participares masivamente na manifestación nacional do vindeiro sábado.
Esquerda Unida fai un chamamento á cidadanía para que se manifeste o vindeiro sábado 8 de setembro en defensa dos dereitos que nos están a arrebatar dende o goberno neoliberal e antisocial do Partido Popular.
Esquerda Unida celebra a unidade de acción sindical fronte ao ataque do PP.
Unha vez máis,fronte aos recortes aplicados outrora polo PSOE e agora po PP, todas e todossomos necesarios para frear estas políticas neolibarias a favor dos poderosos e impulsar políticas alternativas ao saqueode dereitosque estamos a padecer.
Yolanda Díaz, coordinadora nacional e candidata á Xunta de Galicia manifesta que “é necesaria a unidade da clase traballadora para combater o desmantelamento dos servizos públicose o estado do benestar”.
A unidade tanto sindical coma política e sobre todo social,é imprescindible para acadar unha saída cara adiante ante a situación de emerxencia na que nos atopamos inmersos debido ás políticas do PP.
Yolanda Díaz subliñou neste sentido a importancia que de apoiar á fronte ampla de esquerdas que se está a constituír en torno a Esquerda Unida e Anova, para non so dende as rúas, senón dende as institucións parar esta xeira de recortes contra as familias traballadoras e os máis desfavorecidos.
Por todo isto, Esquerda Unida fai un chamamento á cidadanía á participación activa na mobilización convocada para o 8 de setembro en Santiago de Compostela que partirá ás 11h30 da Alameda de Santiago.